Tradución
Hai un tempo propúxenme comezar a traducir ao galego unha pequena obra literaria infantil-xuvenil escrita en 1985 por Rosalie K. Fry e chamada The Secret of Ron Mor Skerry, na que anos máis tarde se baseou John Sayles para rodar o filme The Secret of Roan Inish, que se estreou aquí baixo o nome de El Secreto de la Isla de las Focas.
Nesta páxina teño a intención de ir colocando materiais que me axuden a organizar o traballo de tradución, e tamén a pedir a quen por aquí se pase que, se quixer, deixe caer pareceres, ideas e suxestións, co fin de que a obra final, se callar, sexa de autoría non só individual senón de todas as persoas que teñan a ben dedicarlle un tempiño.
En breve, máis novas.
