Acerca de

calidoniaSou un maruxo
con patente de corso e cartas atlánticas

Non teño bandeira porque
sou da outra banda

O meu porto é franco e de refuxio
de calo e de montaña
depende das circunstancias

Non teño patria mais si matria
a miña nau é nodriza

Calidonia é un anaco do Mundo
está nas Highlands e nas Indias
no Canadá en Helas
e na Galiza

nas derrotas e as derivas
e ao teu lado cando queiras
xuntos nesta maruxía