Arquivo da categoría 'rede'

Verdades coma bytes

Data de publicación: 5 de Novembro de 2007
Category: blogMillo, denuncia, lingua, politica, rede

Sen ser un experto nestes temas, dáme a impresión de que en Galicia temos demasiadas asociacións culturais, de defensa da lingua ou mesmo organismos públicos de investigación sobre Galicia e o galego (RAG, Centro Ramón Piñeiro, ILGA, Consello da Cultura Galega…) todos facendo cousas moi parecidas, pisándose o traballo uns a outros, SEN UNIR ESFORZOS [...]

Os animais, de 8 en 8

Data de publicación: 2 de Novembro de 2007
Category: atlantico, blogorrolo, musica, rede

1. Luar na Lubre - Os Animais
2. Caetano Veloso - O Leãozinho
3. Zeca Afonso - A Formiga no Carreiro
4. Marisa Monte - Borboleta
5. Silvio Rodríguez - Unicornio
6. Xosé Manuel Budiño - Galo Galán
7. El Último de la Fila - Como un Burro
8. Suso Vaamonde - Caracol
E se as xuntamos nun CD e llas facemos chegar [...]

Songbird en galego

Data de publicación: 26 de Outubro de 2007
Category: aplicacions, lingua, media, musica, ondas, rede

Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.
O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB [...]

Un erro non amaña outro erro

Data de publicación: 17 de Outubro de 2007
Category: blogMillo, denuncia, rede

Probablemente me estea perdendo o meme e a campaña do ano, e seguramente perda bastantes puntos entre boa parte do blogomillo, ou estea renunciando a unha cantas visitas no meu contador. Mais, para que demos quer un un blog se non é para dicir o que honestamente pensa e acha?
Carta aberta aos Aduaneiros sem Fronteiras [...]

Polbo solidario

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algunha xente da internet galega, este sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que [...]

Manifesto

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a [...]

Ruas e Parroquias, Santos e Santas

Data de publicación: 12 de Setembro de 2007
Category: aplicacions, atlantico, blogMillo, estatistica, lingua, lugares, rede

Deseño de Socotroco Performances
Todas as parroquias de Galiza, que eu saiba, inclúen no seu nome un santo ou unha santa, aquel ou aquela que teñen por patrón ou patroa e a quen renden devoción. Aproveitando o traballo magnífico de ber.to podemos verificar cal é o ‘noso’ santoral:
- Nube de palabras cos Sans. Gañan os Martiños [...]

Con aleivosía e estivalidade

Data de publicación: 4 de Setembro de 2007
Category: atlantico, causas, denuncia, politica, rede

Sobresalarios directores xerais da xunta vitalicios d 15000€ anuais aprovados por PSOE-BNG-PP.ESCANDALO!!..NON PAGAR MAIS IMPOSTOS A ESTES LADRONS!..PASAO!
Así dicía un SMS que me chegou hai un par de días e que subscribo plenamente. Descoñezo o alcance deste meme, nin se segue a circular, mais é o corolario lóxico a un mes de agosto de esquizofrenia [...]

Hermes

Data de publicación: 21 de Agosto de 2007
Category: atlantico, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, poesia, politica, portos, raices, rede

Escoita, deus dos ladróns, como moi a roda
e como as ancas da saraiva se doen no faiado.
Ainda por cima de ti
firman-se senténcias nas beiras do horror,
e fan ben os meus en manter acceso o lar
até a hora da serpe e a lus do xílgaro.
Eu xa desistin e tan só forzo a palavra para dormir-te.
MANUEL RIVAS

(Fotografía [...]

1 ano de software libre

Data de publicación: 4 de Agosto de 2007
Category: aplicacions, atlantico, causas, politica, rede


Presentación realizada para a Haima das Ciencias e do Software Libre do Festigal’07 a partir das novas sobre software libre e liberdade tecnolóxica enviadas e/ou publicadas en Chuza! desde agosto de 2006 a xullo de 2007.