Arquivo da categoría 'rede'

2008, ano sen papel

Data de publicación: 8 de Xaneiro de 2008
Category: aplicacions, blogMillo, causas, ecoloxia, media, rede

Traído directamente de Occidente pola Presidente da Federación de Repúblicas Socialistas Utópicas.
Nas próximas semanas irei publicando nesta anotación as nosas impresións sobre o novo trebello da casa: o Sony Reader PRS-505/LC.

Amén

Data de publicación: 7 de Xaneiro de 2008
Category: bloGaliZa, causas, politica, rede

Sí, hay un desfase enorme entre la capacidad tecnológica y la cultura política. Muchos municipios han puesto puntos Wi-Fi de acceso, pero si al mismo tiempo no son capaces de articular un sistema de participación, sirven para que la gente organice mejor sus propias redes, pero no para participar en la vida pública. El problema […]

Vai, cara de pau

Data de publicación: 5 de Decembro de 2007
Category: atlantico, contos, lugares, rede

Si, este cara marcha. Este cara vai mudar de face.

Esta fin de semana saio de viaxe e estarei lonxe do blogomillo algo máis de unha semana. Non é moito tempo. Ou si. Xa houbo por este sitio silencios máis prolongados, no entanto, pretendidos ou non.
Ferias merecidas, si. Xa o creo que o son. Arriscadas tamén. […]

Declárome estibalista

Data de publicación: 4 de Decembro de 2007
Category: atlantico, blogMillo, intres, lingua, media, musica, poesia, rede

View This Video on Google
Foi hai moito tempo. Estaba de paso na ponte desa proa pétrea atlántica. Só un par de anos traballando en cousas de números e incertezas. Convidei a uns coñecidos ao Alfaiate a un recital de poesía. O meu recital primeiro. Novizo, non sabía quen era ela. Pero algo máis que […]

Verdades coma bytes

Data de publicación: 5 de Novembro de 2007
Category: blogMillo, denuncia, lingua, politica, rede

Sen ser un experto nestes temas, dáme a impresión de que en Galicia temos demasiadas asociacións culturais, de defensa da lingua ou mesmo organismos públicos de investigación sobre Galicia e o galego (RAG, Centro Ramón Piñeiro, ILGA, Consello da Cultura Galega…) todos facendo cousas moi parecidas, pisándose o traballo uns a outros, SEN UNIR ESFORZOS […]

Os animais, de 8 en 8

Data de publicación: 2 de Novembro de 2007
Category: atlantico, blogorrolo, musica, rede

1. Luar na Lubre - Os Animais
2. Caetano Veloso - O Leãozinho
3. Zeca Afonso - A Formiga no Carreiro
4. Marisa Monte - Borboleta
5. Silvio Rodríguez - Unicornio
6. Xosé Manuel Budiño - Galo Galán
7. El Último de la Fila - Como un Burro
8. Suso Vaamonde - Caracol
E se as xuntamos nun CD e llas facemos chegar […]

Songbird en galego

Data de publicación: 26 de Outubro de 2007
Category: aplicacions, lingua, media, musica, ondas, rede

Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.
O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB […]

Un erro non amaña outro erro

Data de publicación: 17 de Outubro de 2007
Category: blogMillo, denuncia, rede

Probablemente me estea perdendo o meme e a campaña do ano, e seguramente perda bastantes puntos entre boa parte do blogomillo, ou estea renunciando a unha cantas visitas no meu contador. Mais, para que demos quer un un blog se non é para dicir o que honestamente pensa e acha?
Carta aberta aos Aduaneiros sem Fronteiras […]

Polbo solidario

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algunha xente da internet galega, este sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que […]

Manifesto

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a […]