Arquivo da categoría 'raices'

Power pop, poder popular

Data de publicación: 6 de Abril de 2006
Category: media, raices

Un educouse, musicalmente falando, escoitando os discos de Fundador que había pola casa. Ben, tamén había discos de Ataulpa Yupanqui, Jorge Cafrune, Mercedes Sosa, Los Chalchaleros… pero que queredes?, tirábanme máis aqueles outros de Los Ángeles -Mónica-, Los Canarios -Get on your knees-, Los Bravos -Black is black-, Fórmula V -Tengo tu amor-… Shhhh… Un [...]

Graal

Data de publicación: 10 de Marzo de 2006
Category: atlantico, intres, lugares, poesia, raices, revival

Sagrada
procura
xoula
dos sábados da mocidade.
Ronsel de bicicletas,
maré
de historias e ollares.
Unha man ao vento,
sinal
verdadeiro que te chama.
De repente
un beixo,
reggae
lendario desde a Outra Banda.

Ollando as estrelas (do básquet)

Data de publicación: 17 de Febreiro de 2006
Category: atlantico, deportes, intres, lugares, raices, revival

Para min falar de estrelas non é falar do firmamento -aínda que tamén foi unha afición pasaxeira que tiven- nin do mundo do cinema -aínda que teña predilección polo xénero espacial e teña simpatía por algunhas das constelacións do celuloide-.
De toda a vida a palabra estrelas significa para min estrelas do baloncesto, do básquetebol se [...]

Desfollando o dicionario

Data de publicación: 5 de Febreiro de 2006
Category: atlantico, denuncia, politica, raices

nación (Del lat. natĭo, -ōnis). 1. f. Conjunto de los habitantes de un país regido por el mismo gobierno. 2. f. Territorio de ese país. 3. f. Conjunto de personas de un mismo origen y que generalmente hablan un mismo idioma y tienen una tradición común. 4. f. coloq. p. us. nacimiento (ǁ acción y [...]

Ao celtismo pola xenética

Data de publicación: 30 de Decembro de 2005
Category: atlantico, lugares, raices

Comecei este blog falando da querencia do pobo irlandés por estas cálidas paraxes do Sur. Ben, xa sabedes que esa só e unha parte da historia. É o xeito que teñen aló de expresar a saudade e a morriña pola terra de onde procedían os seus antergos. Esta é a outra parte.
Si, estou a falar [...]

Topónimos

Data de publicación: 29 de Decembro de 2005
Category: atlantico, ecoloxia, lingua, lugares, raices

De verdade aínda non falei nunca no blo deste miña primeira e máis vella afección?
Comecei, coma en case todo o que me gusta, de xeito autodidacta. Non se trataba de saber a orixe ou o porqué dos nomes dos lugares onde vivía, non. Foi máis ben a curiosidade a que me levou a atopar sentido [...]

queimada.es

Data de publicación: 27 de Decembro de 2005
Category: atlantico, intres, poesia, raices, revival

Lume lumiña,
que verde camiña
da frag’á lareira
e faise lumeira.
Lume de quentura
prá nosa fartura;
lume bençoada
que roda a queimada.
Pingota de orballo
folla de carballo;
auga do agoiro
mel do fervedoiro.
Cerqueira de lume,
sen trasno nin fume;
nin bruxa chuchona,
nin meiga dentona.
Rolar muiñeiro,
chiscar faisqueiro;
moxena lumiosa,
vagalume rosa;
viradoira de lus
faremos a crus.
Polo ar da sorte
que escorrenta a morte;
pola auga da vida
que sanda a ferida;
pola herba moura
que [...]

Natureza viva

Data de publicación: 26 de Decembro de 2005
Category: atlantico, denuncia, economia, lugares, politica, raices, revival

Há dias
nos que Mar non ten altura
nen horizonte
Só parsimónia
Sol é a memória dun circo
E o sonido
non é do Mar
É o zunido
dun vello animal motorizado
que sulca ao lonxe
a tua boca
en dobrando o Prioriño.

Contra a xeada

Data de publicación: 14 de Outubro de 2005
Category: atlantico, ecoloxia, intres, raices

Tiña escoitado moitas formas de chamarlle ao augardente, ese líquido enmeigante que neste país sempre acompaña ao café dunha sobremesa como Deus manda.
Así, téñolle ouvido chamar: caña, oruxo, as herbas, as gotas ou a vitamina. Tamén teño sentido referirse ao conxunto da brebaxe como café baptizado.
Pero nada me tiña resultado tan engrazado como o xeito [...]

Deuse corda

Data de publicación: 6 de Setembro de 2005
Category: atlantico, contos, denuncia, lugares, raices

Isto que vai de seguido é unha historia real. Todo parecido coa ficción é pura coincidencia. Os personaxes son reais e viven ou viviron nun concello galego norteño de mediano tamaño.

Esa mañá cedo descubriron ao home aforcado no carballo máis grande que había na Fraga. Ao pé da árbore apareceu unha escada metálica que o [...]