Arquivo da categoría 'raices'

Música livre: De outra margem

Data de publicación: 10 de Xaneiro de 2007
Category: atlantico, lingua, lugares, musica, poesia, raices

Como os ciganos…
Eu gosto dos caminhos para o sul
Onde passa o cigano e a rola brava
Como os ciganos entre sul e viagem
do outro lado do rio
Como os ciganos somos de outra margem
Nosso amor é de bala e desafio
E todos os amantes são raianos
Como os ciganos de passagem
Como os ciganos
MANUEL ALEGRE

Os apelidos como patrimonio

Data de publicación: 5 de Xaneiro de 2007
Category: atlantico, denuncia, lingua, politica, raices

O deputado socialista J.M. Lage acaba de manifestar no seu blogue a súa lexítima posición en contra da galeguización dos apelidos que recentemente ten proposto o BNG no Parlamento de Galiza. Non puiden deixar de darlle a miña opinión, un bocadiño crítica, como é mester en persoas que coma el ocupan cargos de responsabilidade na […]

Gaia

Data de publicación: 27 de Novembro de 2006
Category: aplicacions, lugares, raices

Nalgún destes concellos debo ter antergos. U-los teus?

O home sen apelido

Data de publicación: 23 de Outubro de 2006
Category: denuncia, estatistica, lingua, lugares, raices

Parafraseo o título da última novela de Suso de Toro aproveitando que dou coa noticia da celebración estes días do II Congreso Internacional de Onomástica Galega.
Nesta entrevista a unha das relatoras afírmase que só 200 apelidos abondan para nomear o 60% das galegas e galegos. Alén diso, advírtesenos do perigo que corren perto de 11.000 […]

Onde estabas ti no 85?

Data de publicación: 19 de Outubro de 2006
Category: contos, denuncia, economia, intres, lugares, media, musica, poesia, politica, raices, revival

Se callar non andabas lonxe. Se callar estabas alí. Nos pavillóns da Feira Internacional de Mostras do Noroeste. Na Malata, en Ferrol.
O ano 85 chantaba a ameaza cumprida dos despedimentos da Reconversión Naval en ASTANO. O 27 de decembro do 84 era a data do terríbel ultimatum espetado a 3.500 familias nas xuntanzas do Nadal. […]

O segredo da Illa das Focas

Data de publicación: 17 de Agosto de 2006
Category: atlantico, contos, lugares, raices

Xa falei nunha anotación anterior da miña admiración polo filme de John Sayles The secret of Roan Inish (aquí traducida por ‘O segredo da Illa das Focas’), admiración que a través dos blogues descubrín que partillaba con Manuel Gago. A película está baseada nun relato infantil de Rosalie K. Fry, unha muller de Vancouver […]

Suxa e vella cidade industrial norteña

Data de publicación: 15 de Xullo de 2006
Category: economia, lugares, politica, raices, revival

Hai anos, cando moita xente descubría a Robert Carlyle en Full Monty, Suso de Toro publicaba na imprensa un perro artigo comparando Sheffield con Ferrolterra.
A película, polo demais, facía visíbel o lado máis humano e agradábel dunha problemática social que xa non era propiedade exclusiva das zonas industrias en declive de Ferrol ou Vigo: a […]

A identidade musical

Data de publicación: 14 de Xullo de 2006
Category: media, raices

O Big Brother da SGAE vén de publicar o Anuario 2006, correspondente aos datos do exercicio 2005 e que podedes descargar en PDF por anacos aquí.
Non me castigar moito por ligalos. Hai moita información interesante nesa publicación. Aínda que só sexa para coñecer mellor ao enemigo.
A imaxe que coloco aquí xa a vira noutras edicións. […]

Eight Miles High

Data de publicación: 15 de Xuño de 2006
Category: aplicacions, lugares, raices

Fico admirado co Google Earth.
Mágoa que as bases toponímicas cheiren a datos militares e que aínda non teñan fotografado todo o noso territorio.
Aínda así é un gozo flotar a 8 millas de altura e planear coma nos soños de cando meniño.

O outro galego e o mundial pangalaico

Data de publicación: 9 de Xuño de 2006
Category: atlantico, deportes, lingua, lugares, raices

Xa o dixen en Chuza! e xa o referendou Vieiros. Este é o mundial máis lusófono da Historia. Pero… e o máis galego?

Ricardo Cabanas e Míchel Salgado son os dous únicos xogadores galegos presentes no Mundial, e se cadra algunha vez houbo máis, non sei. Alguén con vocación de central de datos quer esclarecelo?
O […]