O Gran Salto (cara abaixo)

Contributos_ao_crecemento_económico_na_UE

Na gráfica móstrase o crecemento económico de 10 Estados membros da UE, entre eles o Reino de España, durante o decenio 1995-2005. Cada columna representa a acumulación dos diversos factores que inciden no crecemento, tanto en sentido positivo (pilas por riba de cero) como negativo (por baixo). O Reino de España é o que presenta o segundo maior crecemento tras Finlandia, e é o segundo por que malia a ter unha acumulación de factores positivos superior á do país nórdico ten tamén un factor negativo de peso considerábel. Quitado o nivel de crecemento calquera outro parecido entre eles é pura coincidencia.

A mensaxe importante da gráfica, e da investigación que a sustenta, é que o crecemento español fundamentouse centralmente no número de horas traballadas, máis que en ningún outro Estado, entanto a produtividade (de cada hora traballada) deceu e contribuíu de forma negativa, tamén como en ningún outro Estado. Só ese parceiro mediterráneo chamado Italia mostra un comportamento semellante ao caso español. Como os dous Estados partillan unha estrutura produtiva e unha situación económica semellante, os seus Presidentes van ter que facer fronte nos próximos anos a problemas parecidos (maiores no caso de ZP se cabe, dada a febleza do modelo de crecemento español dos últimos anos).

Unha última reflexión. O contributo do capital tecnolóxico (ICT) ao crecemento no caso español só foi superior ao da Italia e máis ao da Francia (olalá Monsieur Sarkozy). Nos outros 7 Estados a achega porcentual da tecnoloxía ao crecemento foi superior e relativamente máis importante, sobre todo nos pequenos Estados do Mar do Norte. O Reino de España presenta a maior dependencia do capital non tecnolóxico. Probablemente se tratar diso que dan en chamar "ladrillo" ou tixolo.

Fonte (vía)

Waring Hudsucker nunca tomou o camiño fácil. Cada paso que deu foi sempre cara arriba. Excepto este último, claro.

(Joel & Ethan COHEN, The Hudsucker Proxy).

Chuzame! chúzame -

Transporte metropolitano gratuíto

Pois si, fartei.

Fartei de que o gasóleo custe máis que a gasolina. Fartei de bregar coas aseguradoras. Fartei da ITV. Fartei de ter que calcular na miña cabeciña cada mañá unha probabilidade segundo a distribución de Poisson para prognosticar se nos seguintes 200 m de beirarrúa ía atopar ou non un espazo para aparcar. Farto de dar voltas e voltas durante minutos e minutos.

Decidín aderirme ao servizo público de transporte. Que desesperación eh? Si, xa son usuario do Transporte Metropolitano de Galiza.

Por 2 € danche nunha entidade financeira cuxo nome non quero lembrar un cartón cor butano, e con el cada viaxe sae por 0,69€ (será casualidade?), incluído unha posibilidade de transbordo na cidade que aínda non experimentei. Chego ao traballo en media hora e podo ir lendo no Sony Reader o que me pete, ou escoitando a radio no móbil (inconmensurábel Paco Lodeiro). Que máis se pode pedir?

Ah si. O Monbús (ex Castromil) das 7:30 da mañá procedente de Noia aínda non ten instalado o lector de cartóns. O condutor di que leva así semanas. Viva a xestión empresarial! Así que a viaxe de ida sae grátis.

Chuzame! chúzame -

Com efeito

Com efeito, algo nom vai bem na nossa língua quando os primeiros galegos a falar do galego diante da Assembleia da República portuguesa nom som representantes eleitos polo nosso povo.

Algo nom vai bem quando, aliás, o melhor e mais completo dicionário da nossa língua, o dirigido por Isaac Alonso Estraviz, carece da projecçom pública e do apoio institucional que merece, condenando-o a ser uma obra monumental agochada nas estantes das livrarias e dos salons de uns poucos e bons amantes do idioma.

Chuzame! chúzame -

(Algúns) ciganos e nacionalistas

Decote os encontras nos mesmos lugares.

Pola veste os coñecerás.

O seu sotaque os delata.

Falan nunha xíria estraña, semella o patois de algún idioma importante.

Posúen unha cultura propia, rica e única, coma todas.

Disgústalles que lles digan como han de vivir.

Por algunha razón tenden a relacionarse case exclusivamente entre eles.

Só coñecen un inimigo, e está sempre fóra.

Mais tamén eles forman clans.

Os compañeiros apúntanos co dedo cando andan cos da parroquia do lado.

Cando se pasan á outra banda son obxecto de mofa, cando non de insultos e ameazas.

Din combater a vulneración de dereitos, e de seguido están a inculcar algún.

Cónstame que consumen drogas, non é estraño oír falar mesmo de cocaína.

A última moda é viviren parede con parede.

Traballan xuntos pero van por libre.

Estranxeiros na propia terra.

Chuzame! chúzame -

Mediterráneo


Poboación estranxeira en España (2005), en porcentaxe do total.
Fonte: Wikipedia.


Variación do voto ao PP nas Eleccións ao Congreso (2004-2008).
Fonte: Ministerio del Interior.

Coincidencia ou non?

Chuzame! chúzame -