Arquivo da categoría 'poesia'

E se vos dixese que toda escrita…

Data de publicación: 27 de Setembro de 2007
Category: atlantico, blogMillo, denuncia, intres, media, poesia, politica

E se vos dixese que toda escritura é unha plasmación do silencio
que o que teño entre mans
é a alta empresa da indocilidade
resístome a crer que todo isto signifique algo
resístome a crer que toda esta terra
precise de tanto cualificativo
pero meu sangue xa mancado pola letra
os nomes que meu avó lle deu ás cousas
este torrente de […]

Hermes

Data de publicación: 21 de Agosto de 2007
Category: atlantico, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, poesia, politica, portos, raices, rede

Escoita, deus dos ladróns, como moi a roda
e como as ancas da saraiva se doen no faiado.
Ainda por cima de ti
firman-se senténcias nas beiras do horror,
e fan ben os meus en manter acceso o lar
até a hora da serpe e a lus do xílgaro.
Eu xa desistin e tan só forzo a palavra para dormir-te.
MANUEL RIVAS

(Fotografía […]

Coda

Data de publicación: 18 de Maio de 2007
Category: contos, media, musica, podcast, poesia, revival

Se por un acaso notas
estas liñas chamar á tua porta
axiña non as deixes fóra
fainas pasar sen demora
á sala ou á alcoba
iso non importa
non fíes na hora
e serve unha copa
estaría ben un whisky con soda
ou un combinado de vodka
e agora
ponte cómoda
gosto de verte saíndo da sombra
levando o visillo da avoa
ou mellor sen roupa
vamos bícame tonta
móstrame a […]

 
icon for podpress  Ava Gardner - Can't help lovin' dat man [3:26m]: Play Now | Play in Popup | Download

O Porto do País do Norte

Data de publicación: 9 de Maio de 2007
Category: atlantico, blogMillo, intres, lingua, lugares, poesia, portos

A Fada do Camiño da Ribeira
hate levar á media lúa de area
onde entre azul e verde meu
moran os soños ao lume do anseio
Rebeldes linguas en fundición
han virar estrelas en caracois
cabalos-carteiros en bicicleta
cunha mensaxe na botella
As luminosas moxenas
han zugar na tua pel o salitre
ese mar quebrado de turquesa
no ronsel dun veleiro aborixe
Si, nos miradoiros da xistra
hei […]

Abraiado

Data de publicación: 6 de Maio de 2007
Category: blogMillo, intres, lugares, poesia

Abraiado
pechei os meus ollos de vello
e ábroos de novo
polo máis sacro o prometo
no seu retrato en branco e negro
vin reluar o glauco engado
dos seus ollos.

View This Video on You Tube
Homenagem ao Zeca Afonso

Música para virse

Data de publicación: 1 de Abril de 2007
Category: blogMillo, contos, musica, poesia

Introdución á versión primeira: Un meme percorreu en Abril de 2007 a blogalería voieurista galega prendendo mecha. Cando xa estaba a punto de dar un toque de atención blogal por ninguén se ter lembrado deste cálido lugar, unha laranxa saborosa incitoume a percorrer coa imaxinación un ronsel de suxestións sensoriais e inmemoriais ben variadas. Velas […]

Máximo Testapeza

Data de publicación: 18 de Marzo de 2007
Category: atlantico, lingua, musica, ondas, podcast, poesia, rede

Non sei se foi por un vello comentario co Home d’Areia, ou polos influxos eléctricos da festa do sábado. Sexa como for, hoxe nace Máximo Testapeza. Un alter ego dúas veces virtual, transpirado naquel personaxe que os informáticos e melómanos oitenteiros lembrarán con facilidade. Velaquí o seu primeiro podcast.

 
icon for podpress  Máximo Testapeza: Play Now | Play in Popup | Download

Solidariedade cos traballadores de Atento

Data de publicación: 16 de Marzo de 2007
Category: denuncia, economia, intres, poesia, politica, revival

Dedicada esta volta, tamén como outrora, a Mónica Díaz Carrodeguas
Hostias!
Verbas de liberdade tronan a sotavento
condenadas pola violéncia
que converte a ilusión en campás de pedra
e tira os corazóns do peito.
Tras as reixas e a podrémia da cadea
unha alma feita de tempo
desfai-se en bágoas de sangue e aceiro
baixo os grises de ollada erma.
Apaña paus e vontade sen […]

2 anos de bitácora

Data de publicación: 4 de Marzo de 2007
Category: atlantico, blogMillo, contos, intres, poesia, rede

Na ribeira acouga a nao
e aniñan nos seus mastros os paxaros da terra.
Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,
dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,
e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.
Durme a nao na ribeira,
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla
e alma ten de farándula […]