No vello peirao

Xa vai uns meses descubrín que un dos meus desexos se tiña feito realidade. Unha versión magnífica que non podo deixar de fusilar e distribuir. Parabéns a Motor Perkins.

Embarrancados

Foto de Manolinho Captura.

 
 Motor Perkins - No vello peirao [4:12m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente

Ei, señor dillei

Hai dous anos e medio que escribín esta anotación (ver a segunda parte, por que os dilleis non falan galego?).

Hai unha semana escoitei por vez primeira na miña vida a un dillei dunha discoteca falar en galego (Barmacia en Santa Comba).

Hoxe descubro o primeiro tema dance en galego, e como aventuraron os Tonechos na Estrada tiña que ser (non lembro ter ouvido nunca tras moitos anos saíndo en Ordes, terra netamente galegofalante, a un só dillei dirixirse á xente en galego).

Descúlpenme vostedes se coñecen outros exemplos pioneiros ou que por normais nunca chamaron a atención. Un non andou aínda toda a xeografía galega, pero algo coñece por fóra das cidades. O importante é que hai por Galiza miríadas de persoas que saen de noite e percorren pubs e discotecas escoitando sempre falar da música da que gustan nun idioma que non empregan. Coido que a miña experiencia non é excepcional.

Acho que fóra dos círculos restritos doutros estilos musicais e de certas rutas urbanas alternativas, isto é un bo sinal (nunca é tarde se a música é boa). Quizá é o único sinal de que o galego se normaliza cando menos un bocado fóra dos sectores máis comprometidos coa nosa lingua. Mais, nestes ambientes non formais e informais (os que realmente importan), faino sen axuda pública de ningún tipo.

Dona Marisol, tome nota se quer exercer ben o seu posto e facer ben o seu traballo: campaña de dilleis e de ligoteo en galego nas discotecas galegas, xa! E, por decencia, deixe de subvencionar aos xornais 99% en castelán.

 
 Dj SON1C feat. ISIS - A Festa Non Vai Parar (Radio): Reproducir | Executar en xanela emerxente

Boas Festas

Boas Festas

 
 Os Raimundos - Merry Christmas [2:06m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente

Talvez voltem algum dia

Um nunca torceu muito pelo Joaquim e acha que desde as 22:00 e as 23:00 non voltou escrever cousa boa, e que para trás temos muito que andar até dar com a Rua Melancolia, fugindo da muita policia, se pode ser. Mas o Joam Manoel… isso já som palavras maiores. Delicatessen. Mágoa de sua voz, tam desastrada agora polos avatares da vida. Mesmo assim, eu nom o pensava duas vezes. Trocava o Sabina por Gal Costa ao instante, a ceia no Carretas por un impermeável e deixava me molhar pola magia até á espinha.

 Joan Manuel Serrat e Gal Costa - Não faço mais do que pensar em ti [3:09m]
Comentarios (4) 10:25 am

Radio Blogaliza

RadioBloGaliza

Xa fixeron o anuncio oficial Goretoxo e Dorfun, así que agora é a miña vez.

Xa está emitindo para todo o Mundo (con cobertura de internet) a terceira canle radiofónica con música integramente feita ou tocada en Galiza ou en galego: Radio Blogaliza. Si, a terceira. Despois da desaparecida http://www.radiogaliza.net/ e da efémera Radio Fillos, e antes de que a propia Radio Galega Música resolva programar só música nacional, como debería facer nun panorama musical e radiofónico que non resposta obxectivamente ás preferencias e demandas da audiencia galega.

A radio conta cun arquivo de máis de 1.200 cancións de música popular galega (MPG :-) ), e foron colgadas na rede polos seus autores ou polas discográficas para a súa difusión masiva a través da libre descarga, cando non publicadas directamente baixo unha licenza Creative Commons. Podes ler máis acerca das orixes e filosofía da radio aquí.

O Máximo Testapeza é o primeiro presentador que vén de fichar por esta emisora :-D . Polo de agora estase a experimentar o sistema Cotovia de síntese electrónica de voz humana, empregando a sindicación de contidos dos fluxos RSS para ‘ler’ algunhas das últimas noticias pubicadas na rede social informativa Chuza!. As posibilidades son moitas e habemos seguir fedellando, se os ventos son propicios.

Que a disfrutes!

Coda

Se por un acaso notas
estas liñas chamar á tua porta
axiña non as deixes fóra
fainas pasar sen demora
á sala ou á alcoba
ava_gardneriso non importa
non fíes na hora
e serve unha copa
estaría ben un whisky con soda
ou un combinado de vodka
e agora
ponte cómoda
gosto de verte saíndo da sombra
levando o visillo da avoa
ou mellor sen roupa
vamos bícame tonta
móstrame a rota
e escoita…

 
 Ava Gardner - Can't help lovin' dat man [3:26m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente

Apóstolo (Carlos) Santiago

Hai uns días o Santo Iago, ou San Tiago, que tanto ten, e ten tanto, deu en aparecer pola Sala Nasa, no mesmo intre en que se celebraba a Ultranoite.gal e máis o Cabaret Baltar…

apostolo_carlos_santiago

 
 Carlos Santiago - Apóstolo: Reproducir | Executar en xanela emerxente

Música libre: Sons da Diversidade

Despois de ter voado coa Mariza, as entradas pra ver e ouvir á Adriana xa son miñas! :-)

No camiño ficaron Khaled, Milladoiro, A Orquestra Árabe de Nazareth, Richard Bona, João Afonso… e esperamos a chegada de Dominique A.

(todos os MP3 dispoñibles para a libre descarga aquí e máis aquí)

 
 Adriana Calcanhotto - Pelos ares: Reproducir | Executar en xanela emerxente

 
 Khaled - Ya rayi: Reproducir | Executar en xanela emerxente

 
 Milladoiro - Meus outonos: Reproducir | Executar en xanela emerxente

 
 Orquestra Árabe de Nazareth - Yaqalbi: Reproducir | Executar en xanela emerxente

 
 Richard Bona - Tiki: Reproducir | Executar en xanela emerxente

 
 João Afonso - Acridoce: Reproducir | Executar en xanela emerxente

 
 Dominique A - L'Horizon: Reproducir | Executar en xanela emerxente

Máximo Testapeza

Máximo Testapeza Non sei se foi por un vello comentario co Home d’Areia, ou polos influxos eléctricos da festa do sábado. Sexa como for, hoxe nace Máximo Testapeza. Un alter ego dúas veces virtual, transpirado naquel personaxe que os informáticos e melómanos oitenteiros lembrarán con facilidade. Velaquí o seu primeiro podcast.

 
 Máximo Testapeza: Reproducir | Executar en xanela emerxente
Comentarios (7) 11:50 pm

Junkies de Compostela

Acougo con este corte sonoro da actuación de Carlos Blanco nunha das finais de monólogos de El Club de la Comedia, naquela edición que acabou gañando Eva Hache. O vídeo andou un tempo polas redes P2P pero nunca fun quen de collelo enteiro. E no YouTube non está, desde logo. O ficheiro chegoume grazas a Xiana. Bo proveito.

 
 Carlos Blanco - Santiago (El Club de la Comedia) [5:49m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente

Clásicos de aninovo

Fetén 2oo7


 
 Tony Bennett - Stranger in Paradise [3:02m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente
Comentarios (5) 11:27 pm

Solidariedade dixital no Nadal

solidariedade_dixital_nadal

O Nadal é unha época na que as persoas que sofren algún problema persoal ou familiar adoitan sentirse aínda peor. Cando un repara nisto ou ten perto a alguén que pasa por un mal momento non pode senón tentar facer algo e botar unha man.

O meu pequeno contributo este ano foi instalar unha aplicación de computación distribuída que tira proveito dos instantes mortos da túa computadora para realizar operacións matemáticas que contribúen para o desenvolvemento de proxectos complexos da medicina vaseados no cálculo numérico.

(máis…)

 
 Marisa Monte - Borboleta pequenina [2:04m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente
Comentarios (5) 11:54 am

Alejandro Sanz canta en galego

Deus me aparte de querer facerlle a competencia á Regueifa, que dito sexa de paso está facendo un labor impagábel de información e promoción da música galega e en galego, ou aos grupos galegos que con tanto tino e perseverancia recompilou o blog TodoNada.

Mais para tod@s a quen, gustándovos todo o que de bon hai entre as iniciativas musicais galegas que van abríndose camiño nos últimos tempos, gustándovos os traballos de arqueoloxía e innovación musical que se están a facer, aínda así, fáisevos pequena a oferta musical matria, aquí vai outra ristra de novos temas para o radioblog.

alejandro_sanz_canta_en_galegoSodes capaces de ver ao Alejandro Sanz cantando en galego?

E á Shakira. E ao Serrat. E á Gloria Stefan. E ao Ricky Martin. E á Laura Pausini. E aos Pet Shop Boys. E á Omara Portuondo. E ao Sting?

Imaxinades versións en galego dos Beatles, do Charlie Chaplin, dos Earth Wind & Fire, da Tracy Chapman, do Falco, do Ray Charles, ou de Radio Futura?

Escoitade, escoitade sen prexuízos. E despois dicídeme se non somos plenamente internacionais… ;-)

E por certo, todas as versións a dúo dos clásicos de Serrat que inclúe ese vello album publicado no Brasil non tén desperdicio. Nen sequer o desafinado do Caetano. Altamente recomendado.

 
 Alejandro Sanz - Se me esqueci [4:22m]: Reproducir | Executar en xanela emerxente