Novidades nos medios galegos
Hoxe a rede dispénsanos dúas novidades dentro do panorama dos medios de comunicación no noso idioma. Ámbas as dúas se producen arredor de Vieiros, esa matriz ou melting point da internet galega que aínda non achou ese concorrente serio que cando menos algúns acharíamos enriquecedor.
Dun lado a revista mensual Tempos Novos, que até agora contaba cunha canle propia en Vieiros onde se publicaban extractos dos artigos e entrevistas, faise maior, independízase e abre a súa propia edición dixital. Nace Tempos Dixital coa vocación irrenunciable de se converter nun espazo de opinión e debate deses que verdadeiramente escasean -e hoxe máis que nunca- neste País.
Polo menos até agora e na miña opinión os columnistas e articulistas dos diferentes medios de comunicación de masas en lingua galega -a meirande parte electrónicos- cumpren malamente ese papel. Enténdaseme ben, quizá a culpa é máis dos comentaristas que dos opinadores, quizá é unha culpa distribuída. Debe ser por iso que nestes anos só a blogosfera achegou, puntualmente por desgraza, esas ágoras -ou tascas, como se prefira. (Non lean isto pero reparo agora en que task é tarefa en inglés, e así entende un mellor esa expresión nosa de ir tomar os choios).
O proxecto impulsado xa hai unha década por Atlántica de Información e Comunicación dá un pequeno paso máis no fecundo camiño encetado coa reestruturación do seu soporte en papel e a creación do suplemento ProTexta. Con este avanzo o proxecto gaña en madurez e distánciase dos perigos que ameazan aos medios inmobilistas.
Doutro lado Vieiros suple a perda da canle Tempos con unha primeira colaboración con radiofusión, o portal da programación común das emisoras municipais galegas agrupadas en EMUGA.
Esta sinerxia é máis simbólica que real. Consiste nunha simple sindicación de contidos que irá publicando en Vieiros as novas locais producidas polas emisoras nun ticker, visíbel ao lado do que xa funcionaba a través de Europa Press. É o mínimo polo que comezar, e máis que nada coloca sobre a mesa todo un abano de posibilidades e complementariedades, co único límite que ten a natureza diferente -privada e pública- das entidades promotoras.
Con todo, este movemento reaviva o até hoxe algo parado sector da comunicación local, tan importante para o noso idioma como que é case o único reduto informativo no que o galego é maioritario.
Desde aquí saudamos as dúas iniciaciativas e desexámoslles todo o mellor.
chúzame -
Luci no Ribeiro con Crema de Oruxo
A mellor crema de oruxo deste País. Non é coña.
chúzame -
Reaxir?
É doado xogar cos números para facer ver que ti nunca perdes. Como é tan fácil permítanme a min facer o exercicio complementario e demostrar que si se pode perder.
Son xa varios os medios e comentaristas que falan dun crecemento da participación en Galiza, pois comparan a afluencia de onte, que aínda non contabilizou o voto emigrante, co dato de participación de 2004, que si inclúe o CERA. É ben sabido que os baixos niveis de participación do voto da diáspora forzarán á baixa a paticipación no total do censo (CER+CERA), así que as fotografías son de fenómenos diferentes e non se poden comparar. Non se pode dicir que a participación aumentou en Galiza 5 puntos, como se di por aí.
O BNG segue perdendo potencial. Dirán que o realmente importante é o Congreso e non o Senado. Curiosa forma de ficar con só unha parte da elección cidadá, sobre todo cando os nacionalistas cuestionan a estrutura do Estado. Dirán que o importante é a capacidade de influencia e decisión en Madrid. Iso avaliarémolo dentro de 4 anos. Durante toda a campaña o BNG tentou vender o seu papel no último cuadrienio, e os froitos electorais á vista están.
Prestemos atención ao Senado. O normal é que todas as forzas teñan menos votos no Senado que no Congreso, pois non todo o mundo emite o seu voto para a Cámara Alta, nin tampouco todos empregan as tres opcións de voto dispoñíbeis. Porén, tanto en 2004 como en 2008 o BNG pasa a ter máis votos no Senado que no Congreso (contando as medias dos seus tres candidatos en cada circunscrición). Isto evidencia a presenza dun sector significativo do electorado que podemos atribuír ao BNG pero que no Congreso ou opta polo voto útil, ou está prendido do atractivo presidencialista de ZP, ou non ve que o Bloque teña un candidato autonómico presentable en vez de catro semi-descoñecidos provinciais. Tendo en conta este dato, en 2004 houbo 40.000 votos do BNG (20% máis dos que tivo) que no Congreso foron para o PSOE, e se facemos o cálculo análogo, en 2008 houbo uns 30.000 (15% máis dos que tivo). En calquera caso, o límite superior do nacionalismo galego reducíuse de 250.000 a 240.000 votos (no Senado). É certo que faltan por contabilizar os votos dos emigrantes, que poden deixar a cousa máis ou menos en que o BNG baixe un pouco de nada o voto que tivo no Senado en 2004 e que o aumente un pouco de nada no Congreso. Quen minimamente serio pode falar de reacción? Mantemento, manutención, estabilidade, parálise, encefalograma plano en toda regra.
Se a suma das forzas do bipartito manteñen o número de votos mentres o PP perde 100.000, se ambas as forzas do bipartito están comprometidas cun proxecto de progreso, por que non puideron formar unha Entesa Galega de Progreso? Agora estaríamos falando de que o PP tería 4 senadores en vez de 12, o PSOE 8 en vez de 4, e o BNG 4 en vez de ningún. Cónstame que houbo xente que tentou mover esta idea antes das eleccións. Cal das dúas forzas o impediu? O PSOE? O BNG? As dúas? Mal feito. A sociedade galega está preparada para iso. E demándao.
O BNG segue retrocedendo nas 7 cidades. Coa única excepción de Santiago de Compostela (ese/este universo paralelo dentro de Galiza) as urbes e as áreas metropolitanas son cada vez menos nacionalistas, menos Nación. É este o prezo que o BNG está disposto a pagar para seguir manténdose no total e subindo nos concellos máis rurais e envellecidos? É evidente que nestes últimos sempre será máis difícil que xurdan Galizas non se Vende, que haxa contestación social ás políticas regresivas que malia ao cambio se seguen a executar. É evidente que o control da situación política e do aparato resulta máis cómodo aí que nos sitios onde a cidadania é máis crítica e responsábel. Ou será mimetismo vasco-catalán?
Galeuscat resiste, dacordo. Manterán o afirmado en precampaña: que negociarían co gañador todos a unha?
chúzame -
Xente intelixente?
chúzame -
Debatendo sobre o debate en Twitter
Imaxe, TVE1 analóxica. Son, Cadena SER FM. Comentarios, Twitter.
comezo o debate sobre o debate, aquí, no Twitter
nervos e sorrisos forzados, ZP buscou soltarse falando con MCV, a Rajoy fáltalle unha talla de chaqueta
sigo pensando que o feito de Tele5 a e Antena 3 non dar o debate é un criterio de segmentación do mercado electoral, ao PP non lle interesa
que mandadiño é o Mariano, á chapatoria sempre gañaron os de dereita
mentir: I (un palote, e contando) indefinición ideolóxica do PSOE (outro)
xenial, a ollada de esguello a Rajoy ao dicir "decente"
moooito mellor preparado ZP, onde vai
como se nota que lle gusta a economía a Rajoy, cifras e seguranza no discurso, parece que no PP apostaron por superar o bache de Pizarro
ZP perdou a ollada un intre, está a seguir a luz vermella das cámaras?
ai, ai, primeira manipulación flagrante da estatística, a escala dese gráfico de paro, o PP tiña que ser, boa idea con todo o dos gráficos
que ZP lembre a conxelación de salarios dos funcionarios dálle un punto a Rajoy, ao meu ver, ZP tamén con gráficos!
a mesma frase que Aznar en 1993, "los datos son suyos, de su gobierno"... a herdanza pesa
a medida das hipotecas de hoxe por Solbes en plena campaña é sangrante por obscena, mala resposta zetapé
o terceiro turno parece unha perda de tempo e unha repetición, interesante que Rajoy entrara no da competitividade... e daí á inmigración
ZP, erro maiúsculo! non hai recesión económica mundial, recesión significa signo negativo, iso só comezou en EUA no último trimestre
ten razón Rajoy con que ZP non debeu mencionar a Bush coa medida dos 600 $, podía evitalo
bon cerre de ZP coa mención á sesión de investidura
economía e emprego, empate, o que é malo para Rajoy
inmigración="avalancha" segundo Rajoy, asoma o verdadeiro discurso
ZP mantense pegado ao discurso preparado, non lle responde ao tema inmigración de momento
mentir: II (dous palotes, e van tres en boca de Rajoy), volta aos inmigrantes
ollo, que o PSOE se xoga moooito voto inmigrante de noso señor
chiscadela aos votantes mozos, ZP deixa a inmigración para o último turno, supoño que lle recordará o da situación que deixaron eles
víase vir, Rajoy Ministro do Interior, sairá o Prestige?
hostia, que estratexia de despiste nova iso do "bonobús"
mentiraaas, eres una mentirosaaa... tanto amor tu me fingías...
bufff, que papelón esa defensa rosa dos inmigrantes ZP
política, social, vitoria de ZP
terrorismo, a españa profunda a escena, non podo ver isto como o verán no centro da pel de touro, pero a ver...
non se vai dicir nada novo neste bloque que non se vertera xa nos media, apostamos?
mariano nervoso, xogando co bolígrafo, ZP firme, honesto
ZP se apunta á mentira (un palote), 11M a escena
"yo me enteré por ibarretxe en la radio" que c... Rajoy
Rajoy volta ao o discurso dos bandazos de posicións e ideas do PSOE, idea recorrente (2 palotes)
jo jo, Mariano amosa un titular de El Mundo como información gráfica de apoio, jo jo, "mentir" máis unha vez, "chantaxe"
xa lle tivo que mentar a sombra de Aznar outra vez
y tú más
eso que le dijiste zeta, le dolió, le dolió ("es usted")
ZP xa o conseguiu, Rajoy defendéndose na súa etapa de Ministro
War! What is it good for?
seguranza, para min gañou ZP, pero vaian Vdes a saber o que opina La Razón mañá
[intermedio]
pero quen di na SER que Rajoy foi infinitamente mellor???
Zaplana tiña que ser, como lle deixan falar primeiro???
[continuación]
política institucional, estatutos, nacionalismos...
tremendo "tic" de Rajoy ao mirar para o infinito arriba á esquerda cada 5 segundos
"otra idea de españa" vexamos canto se mollou o papel de Suso de Toro por boca de ZP
ZP atacando o bastión valenciano co tema do transvase do Ebro, será porque é onde se xogan escanos
a mellor defensa é un bo ataque, pero hai demasiados prexuízos na audiencia para que lle funcione [a ZP]
chaves o chavez, contra quen vai Rajoy? ese ceceo gayego
como le Rajoy, como le
eses acenos e esa expresión de ZP son falsos, non parece tan honesto como antes neste tema da España se rompe, non di cal é o seu Estado
zetapé se vai a temas sociais e fuxe da cuestión
outra vez lle bota en cara a dualidade a ZP como imaxe da indefinición do PSOE
ZP só ataca a incoherencia do PP, pero non define o modelo de Estado, u-la política institucional do PSOE?
teño o pálpito de que o gañador das eleccións vai ser CiU
Zapatero: talante, pero non tallante
para min este bloque gañouno Rajoy
o gráfico [mostrado por ZP] da "variación" do prezo da vivenda que non do "prezo" curta a primeira etapa de goberno do PP
bluff dun ministerio da vivenda sen competencias en vivenda, está crecéndose Rajoy efectivamente
iso si, pola Tele ZP gaña puntos coa súa ollada sincera e Rajoy pérdeos por... case todo!!!
o primo de Rajoy planea sobre o debate
Rajoy equivócase de papel e mostra o nº de vivendas VPO en varias comunidades falando do prezo
chapapoteeee!
chispas!!! "Zapatero ha agredido a las victimas del terrorismo"
neste último bloque a iniciativa levouna Rajoy, pero pasouse coa frasecita, e ZP non a aproveitou
no peche Rajoy di que non é el o que está en xogo, coñecedor da súa baixa valoración social
está Rajoy apelando ao voto feminino ou parécemo a min?
véselle canso a ZP, non ten a forza do comezo, le case todo, e non acredita tanto no que di como antes, acusa o debate
valoración global, empate, con tendencia decrecente para ZP e crecente para Rajoy
"buenas noches y buena suerte", broche de ZP
quizá o cambio de tendencia ao longo do debate, con final superior a Rajoy acabe marcando os titulares menos decididos de antemán
con todo isto ao mellor teño que desdicirme e si que hai segundo debate
cambiando o audio da SER e a imaxe de TVE1 á TVG, para un maior pluralismo
aínda que me perderei a Losada, en fin...
geluco guerreiro leva a xogo a chaqueta co bigode, coméntanme por aquí [coincido coa súa percepción, Deus me perdoe!]
opina para Cuatro/SER/ElPais/PRISA: ZP gaña a Rajoy por 45,4% a 33,4%
ABC (Internet) ZP gaña pola mínima 55-45 !
o prime time para ZP pode marcar a opinión pública, aínda que todos os resortes mediáticos do PP están coordenados nunha aparencia vitoriosa
ElMundo (internet) Rajoy 58% ZP 42% non está mal (todos no rato)
La Vanguardia (internet) ZP 66% RJ 32%
la Sexta (telefónico) ZP 45% Rajoy 30%
La Voz de Galicia (internet): ZP 52% - RJ 48%
antena 3: 45,4 - 39,3 a máis axustada das telefónicas
Sondaxe para La Voz ZP 40% Rajoy 23% (telefónica, 1 día despois)
La Vanguardia (Nexus, telefónica, 1 día despois): ZP 45%, RJ 33%.
Media de todas as enquisas: J.L. Rodríguez Zapatero 48,8% - Mariano Rajoy Brey 38,5%
chúzame -

