Arquivo da categoría 'lugares'

Hibernia

Data de publicación: 8 de Outubro de 2007
Category: atlantico, lingua, lugares, poesia

Carqueixa e chorima
no mirar dunha velliña
gravados ten na xanela
do rostro as raiolas
da neve e das colleitas.
Contos feitos de leña
latexan na lareira
a carón do almanaque
da xente, das maletas
e do nome da navieira.
Serra do Courel, 1995

Polbo solidario

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algunha xente da internet galega, este sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que […]

Manifesto

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a […]

Ruas e Parroquias, Santos e Santas

Data de publicación: 12 de Setembro de 2007
Category: aplicacions, atlantico, blogMillo, estatistica, lingua, lugares, rede

Deseño de Socotroco Performances
Todas as parroquias de Galiza, que eu saiba, inclúen no seu nome un santo ou unha santa, aquel ou aquela que teñen por patrón ou patroa e a quen renden devoción. Aproveitando o traballo magnífico de ber.to podemos verificar cal é o ‘noso’ santoral:
- Nube de palabras cos Sans. Gañan os Martiños […]

Hermes

Data de publicación: 21 de Agosto de 2007
Category: atlantico, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, poesia, politica, portos, raices, rede

Escoita, deus dos ladróns, como moi a roda
e como as ancas da saraiva se doen no faiado.
Ainda por cima de ti
firman-se senténcias nas beiras do horror,
e fan ben os meus en manter acceso o lar
até a hora da serpe e a lus do xílgaro.
Eu xa desistin e tan só forzo a palavra para dormir-te.
MANUEL RIVAS

(Fotografía […]

Talvez voltem algum dia

Data de publicación: 16 de Xullo de 2007
Category: festa, intres, lingua, lugares, musica, podcast, revival

Um nunca torceu muito pelo Joaquim e acha que desde as 22:00 e as 23:00 non voltou escrever cousa boa, e que para trás temos muito que andar até dar com a Rua Melancolia, fugindo da muita policia, se pode ser. Mas o Joam Manoel… isso já som palavras maiores. Delicatessen. Mágoa de sua voz, […]

icon for podpress  Joan Manuel Serrat e Gal Costa - Não faço mais do que pensar em ti [3:09m]: Download

Sete do sete do sete

Data de publicación: 4 de Xullo de 2007
Category: blogMillo, causas, festa, lugares, revival

O día de San Firmín Compostela celebra o Día do Orgullo glbt con varias actividades, entre elas o concerto de Projecto Mourente e The Homens na Praza da Quintana, no que se presenta como a primeira proba de quencemento de cara ao Festigal e máis ás festas do Apóstolo.
A noite deste día 7, como algúns […]

Xa non o verás nunca:


Porén…

…aínda estás a tempo. Formulario de sinaturas

Há povo!

Data de publicación: 3 de Xuño de 2007
Category: atlantico, causas, denuncia, ecoloxia, economia, festa, intres, lugares, politica, portos, raices


Deseño de Artritris
Deseño dos Aduaneiros sem Fronteiras

Cita en Ferrol

Data de publicación: 2 de Xuño de 2007
Category: atlantico, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, media, politica, portos, raices

Non se poden tomar decisións que afectan ao pobo sen contar con el. Dá igual ter razón ou non tela, hai que contar coa xente. E máis se un día se estivo de parte dela e agora dáselle as costas para aínda encima servir aos intereses privados dun Grupo industrial chamado Tojeiro.
Non se pode xustificar […]