Boas Festas
Data de publicación: 24 de Decembro de 2007Category: atlantico, festa, intres, lugares, musica, podcast, portos
Jornal gratuíto em Lisboa 11/12/2007 (Já voltei )
Si, este cara marcha. Este cara vai mudar de face.
Esta fin de semana saio de viaxe e estarei lonxe do blogomillo algo máis de unha semana. Non é moito tempo. Ou si. Xa houbo por este sitio silencios máis prolongados, no entanto, pretendidos ou non.
Ferias merecidas, si. Xa o creo que o son. Arriscadas tamén. […]
Acaso o pequeno comercio galego non sabe adaptarse aos tempos e como dar un servizo exquisito ao cliente? (Foto tirada en Rodeiro)
Aberración (foto vía Dorfun)
Ás veces vai un no carro pensando en cousas graves cando de repente ten a sorte de ser asaltado por unha visión cómica que o rescata a un e o devolve á realidade leve da vida e das cousas sinxelas.
Esta foto tireina co móbil nos primeiros días de setembro mentres gozaba dun engarrafamento na rúa […]
Vía Opaco.
Non sexas pánfila, non te fagas a pancha, deixa de asaltar o pan-de-azúcar, pon os pantalóns e date unha volta polo Teatro Principal de Compostela esta fin de semana.
O que di a crítica sobre
Pan
Elianinha: Non ma penso perder. Eu irei vela. E ti?
Antón Losada: Nin eu son unha pantasma nin esta Xunta un pandemonio.
Besbe: Son […]
A nova.
Os emigrantes galegos van seguir sen votar en urna nas próximas eleccións xerais, despois dunha década de denuncias.
Se cadra poderán votar netos de galegos que nunca pisarán a Terra, mais non mozos galegos emigrados en Madrid ou Barcelona.
O PSOE, e antes que el o PP, saben que o voto das persoas sen vínculos coa […]
Carqueixa e chorima
no mirar dunha velliña
gravados ten na xanela
do rostro as raiolas
da neve e das colleitas.
Contos feitos de leña
latexan na lareira
a carón do almanaque
da xente, das maletas
e do nome da navieira.
Serra do Courel, 1995