L.A. (Brión) e outros lugares

Traballo estes días artellando unha base de datos descomunal con información de ámbito municipal e inframunicipal sobre Galiza. Reposto da primeira impresión, ao comprobar que os rexistros oficiais seguen conservando topónimos deturpados ("J", "Y", "La", "El") ou sen normalizar nunha manchea de concellos (algún deles gobernado polo nacionalismo), e recuperado tamén da segunda impresión, ao verificar o número de asentamentos con menos de 3 habitantes que están a un tris de sumir, superado o transo, dicía, quería partillar con vós algún dos nomes de lugar que fun achando e que máis me fixeron matinar:

Os Ánxeles

Os Anxiles. Coido que con esta palabra grave debería denominarse en rigor o lugar do concello de Brión coñecido como Os Ánxeles, situado ao pe dos Montes homónimos,nunha zona onde se cruzan varias augas ou vertentes (ben coñecido por ser un dos novos lugares de asentamento da periferia compostelana). Teño a intuición de que "Os Ánxeles" é un topónimo cunha evolución que nun momento determinado debeu experimentar unha confusión de termos por unha fonética semellante. De non ser así sería Os Anxos, non si?

Como xurdiu a teoría? Non moi lonxe deste lugar, no paso natural que hai no concello de Ames entre o val de Amaía e a cunca do Tambre (Támara), no territorio que se domina desde as Torres de Altamira, na mesma estrada que vai de Bertamiráns a Negreira, podemos cruzar Portanxil (Porto+Anxil). No mesmo concello de Brión temos un outro lugar chamado O Enxo, localizado xusto na parte superior do val de Amaía, onde o monte vai suavizando pendentes e o espazo se "anchea". Non podo evitar un certo paralelismo na descrición xeográfica con O Eixo do veciño concello de Santiago de Compostela. E hai quen sostén que Rianxo pode estar relacionado con este significado.

Síntoo polos que gostan de dicir que viven en L.A. como se foran "angelinos".

Gustaríame confirmar esta hipótese tan pouco científica rastrexando os documentos parroquiais, mais tratándose de anxos prefiro non contrastar pareceres co crego. Sospeito o que me diría.

Español

Galiza territorio de acollida, crisol vizoso de pobos ao longo da Historia. Os asentamentos humanos no noso territorio ían "por parroquias". Así temos un Español, lugar da parroquia de San Cibrán de Lá(n)s (castro de Lansbricae), no concello de San(to) Amaro. Tamén temos Astureses, Galegos (!), Suevos, Céltigos... Hai moitos outros topónimos xentilicios : Sarreaus, Miñoteira...

Mais non hai "Portugueses" na Galiza. Curioso. E serán eles os calaicos? Será que a historia de Portugal como pobo é recente de máis?

O que si achamos na nosa toponimia son dous Portugalete, en Carballedo e Muros, e un Portugal (!), na parroquia de San Martiño de Oca, no concello de Coristanco.

Erótica

O retrouso erótico da toponimia do País:

Sexo (seixo ou sello?), parroquia do concello de Agolada (Aquam latam, auga levada, cal ou canle).

Follente, lugar da freguesía de Santa María de Mantaras, no concello de Irixoa (igrexola).

Vilapene, lugar da parroquia de Santo André de Chamoso, no concello do Corgo.

Bragadela, lugar  da freguesía de Santa Uxía de Mougás, no concello de Oia.

Do alén e máis alá

Para os que achan o uso da palabra Alén unha teima dos nacionalistas ou dos lusistas: Hai moitos Vilalén e Alende espallados polo País. Alemparte é unha parroquia do concello de Lalín que inspirou a Gonzalo Torrente Ballester para baptizar como Alemcastre un dos seus personaxes de romance.

Outro sitio con resonancias literarias é Extramundi, que empregou Camilo José Cela para lle dar nome a uns cadernos. E por suposto tamén hai que mencionar o Fortunato de Trasmundi, de Darío Xohán Cabana.

O cha-cha-chá da normativa

Sen andar moito podemos encontrar topónimos da mesma raíz transcritos de diferente xeito. Acontece así con Chares e Xar, do concello de Lalín, o río Sar, que dá nome a unha comarca enteira, e o río Xares ("Jares") da montaña ourensán onde se explota un dos máis grandes encoros galegos para a produción hidroeléctrica.

Perante fenómenos coma este un non pode senón declararse fondamente reintegracionista. Sen prexuízo dos xeitos e das fonéticas de cada lugar a grafía debía ser senón igual si cando menos moito máis semellante. Un criterio máis claro, con máis sentidiño na escrita facilitaría moito máis a comprensión do significado dos topónimos, e fomentaría xa que logo unha maior consciencia do valor da nosa lingua.

Hai moitos outros exemplos. As alternancias vocálicas e as vacilacións fonéticas non son explicadas pola normativa e a gramática oficiais. Así, teñen producido un pozo sen fondo de palabras soltas aparentemente caprichosas cuxo sentido, orixe ou significado aparece agochado tras os signos. Todo o contrario do que debería ser, e todo por aproximar a gramática e a fonética xenuinamente galega á do castelán.

Évos o mesmo fenómeno que algúns e algunhas aínda andan a debater como se fora o sexo dos anxos (vid. sup.): a conxunción "e" lese como un"e" castelán ou como un "y" castelán? Nin unha nin outra. Escríbese e lese como un "e" galego, portugués e brasileiro. Máis nada.

In vino veritas

A calquera persoa que atenda aos indicadores da estrada que bordea a estrema norte da Ría de Ferrol ha de lle chamar poderosamente a atención dar cun lugar chamado Viñas, moi preto de onde se está a construír o Porto Exterior e ao mesmo tempo onde se está a destruír a foz máis fermosa do noso litoral. Desde cando hai ou houbo viño na Ría de Ferrol? Non será un erro?

Non hai erro posíbel. No libro Historia de Ferrol podemos ler como a orixe deste topónimo está ligada á doutros nomes que hai pola zona, como son Prior e Prioriño. Foron os monxes que ergueron o primeiro mosteiro da zona os que, como noutras partes de Galiza, introduciron o cultivo da vide para o seu propio consumo. Boa vida levaban.

Aínda que se xa no hai viño alí... por algo será, non achan?

Unha casa na Toscaña

Un lar, un veciño, un fogo. Dous habitantes en total. Iso é o que hai na Toscaña, un lugar do concello de Maside.

Por desgraza Galiza non ten nada que envexar á Italia se falamos de países envellecidos e de mediterraneización do clima.

Rachabordos

Na parroquia de Santa Eulalia (Olaia) de Limodre, nun recanto da costa que se debruza sobre a Ría de Ares, hai un lugar así chamado. Vaia arroutada. Que nome máis rachador. A quen se lle ocorrería?

As chuvias torrenciais dun destes últimos anos revelaron plenamente o sentido do topónimo. Unha parte do cantil da ribeira, situado unha ducia de metros sobre o nivel do mar, deu en derrubarse como consecuencia da humidade e da febleza do terreo. Pedras, terróns e herba apareceron de mañá amoreadas derriba da area, mentres unha calva espléndida lucía no terraplén.

Con efecto, iso mesmo debeu ter acontecido no pasado, se callar en varias ocasións. A saber se alguén deixou a vida nos bordos ou na ribeira.

Chuzame! chúzame -

Mozilla Foundation and galician translations for Firefox and Thunderbird

For many years several galician PC users like me we've been following the various attempts of the galician localization community on translating Mozilla products into our native language. In this effort there were at least five persons and one institution who tried unsuccessfully to obtain an answer from the Mozilla Foundation, and because of this silence no one could take over her/his shoulders the coordination responsability on this project.

Today I sadly find a new -not in Mozilla sites nor in distribution lists, but in media- where Mozilla Europe co-founder clearly affirms that if there are not official galician translations for Firefox/Thunderbird/Seamonkey it's galician translators' fault. That way this person blames out on the boogie, ignores the existing finished mancomun.org localizations and and leave us without the recognition of the international community. And what it's worst, a lot of users simply can't easily find Mozilla apps in their language.

Searching for the reasons that explain this situation I found this thread at Bugzilla, and I think it explains what happened and how we've arrived here. It's dated one year ago. Let me reproduce it:

1. ONLY Mancomun.org is actually doing the Mozilla products translation into Galician.

2. There is no Galician team formed officially and this is NOW Mozilla fault, ONLY MOZILLA FAULT.

3. Not a single person will oppose to Mancomun.org liderating the Galician team for Firefox or any other Mozilla product.This includes me, Miguel Blanco, and the other people who, UNSUCCESFULLY have tried to officially coordinate the group.

4. Every single bug like this, asking for the same, MUST BE CLOSED and MOZILLA HAS TO ACCEPT THE PERSON WHO IN NAME OF MANCOMUN.ORG IS DECIDED TO ASSUME THE COORDINATION.

5. Javier Rial Rodriguez, IN THE NAME OF MANCOMUN.ORG, HAVE ASKED TO ASSUME THE TRANSLATION COORDINATION AND HIS PETITION MUST BE ACCEPTED.

Finally, I just hope I had been clear enough. It's a shame that a serious foundation like Mozilla is behaving like this in a very serious case. Mozilla foundation is actively denying to Galician Speakers the possibility to have its products in its language when there is people determined to do so. The Galician population is about 2 millions and a half, of whom about 95% understand the language, and, and furthermore, constitutes an active and technologically advanced comunitty. This denial suppose a big lose for Mozilla itself and for the future of the Galician language which is deprived of a fundamental piece of technology. Try to explain this to your developers, those who work for no money, why this software cannot reach some people in the language they speak and then try to explain to Galician people why the cannot have officially Firefox in their language.

It seems obvious that Mozilla foundation has a lot to change in respect to localization and it should take good note of other successful localization projects.

Fortunately, technicians and politicians are responding quickly, just now, to this unfair comments from Tristan Nitot. Let's wait for an easy answer from Mozilla Foundation, hoping it would be the best decision for everybody.

Chuzame! chúzame -

Obertura, de Antón Baamonde

'Pois iso', titúlase. E como sintetiza claramente o meu pensamento de hai anos sobre a cuestión, permítome adiantarme a Tempos Dixital, que aínda non o publicou (non sei se a sección Obertura se vai verter ou non na edición dixital), e reproducilo aquí antes da data sinalada de mañá:

POIS ISO

Non é fácil decidir o alcance das principais institucións da cultura galega. Sucede que existe un Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. Tamén existe o Instituto da Lingua Galega que parece duplicar algunhas funcións do Centro Ramón Piñeiro -ou viceversa, considerando a orde de prelación-. Ademais, contamos coa Real Academia Galega, de venerable e digresiva historia, tan eficaz nas elipses, e co Consello da Cultura Galega, de funcións consultivas -aínda que é difícil pensar que Fraga ou Touriño consultaran nada-. Son entidades de paso lento e pesado. A estas institucións poderían sumarse outras, como o Padre Sarmiento, herdeiro do Seminario de Estudos Galegos e hoxe dependente do CSIC. E veremos as que nacerán ao calor da Cidade da Cultura.

Son institucións que se deslizan pola superficie do país sen apenas causar fricción, como coches dos que as rodas xiran no baleiro e que non conducen a ningunha parte. Parece como se cultivaran unha especie de solipsismo, que xa quixera para si Don Vicente Risco na época en que escribiu "Nós, os inadaptados".

Padecen unha enfermidade usual no galeguismo: a de conformarse con constituír un universo á parte, ensimesmado, que abandona toda vontade de inserción eficaz na sociedade. Se han de ser recuperadas para os seus fins estas institucións necesitan ser áxiles, racionalizar os seus medios, especificar a súa función e non volver a usar xamais a palabra "persoeiro". O enteiro mapa das institucións culturais debería ser reformado. Un amigo retrucaba hai anos ao verso de Novoneira "A forza do noso amor non pode ser inútil" así: "Tanta inutilidade non pode ser amor". Pois iso.

Antón BAAMONDE. Tempos Novos nº 132, páx. 3

[O destaque é meu, trocaría só 'inserción' por 'transformación'] Parece claro que a reestruturación/ordenación/unificación que reclama Baamonde non vai partir de ningunha das institucións nomeadas, así que é evidente que a tarefa sitúase na órbita da esfera política, dos políticos que nos gobernan. Trátase dunha simple cuestión de valentía e de 'normal facer', cualidades ambas que -á vista está- escasean por uquer.

Chuzame! chúzame -

Galería de patriotas galegos

niki_laudaraul_castronatalia_oreiro
emilio_estevezmiguel_cervantesalfonso_ribeiro

E se saben de máis non o dubiden e deixen un comentario ;-)

Chuzame! chúzame -

Novidades nos medios galegos

Hoxe a rede dispénsanos dúas novidades dentro do panorama dos medios de comunicación no noso idioma. Ámbas as dúas se producen arredor de Vieiros, esa matriz ou melting point da internet galega que aínda non achou ese concorrente serio que cando menos algúns acharíamos enriquecedor.

Dun lado a revista mensual Tempos Novos, que até agora contaba cunha canle propia en Vieiros onde se publicaban extractos dos artigos e entrevistas, faise maior, independízase e abre a súa propia edición dixital. Nace Tempos Dixital coa vocación irrenunciable de se converter nun espazo de opinión e debate deses que verdadeiramente escasean -e hoxe máis que nunca- neste País.

Polo menos até agora e na miña opinión os columnistas e articulistas dos diferentes medios de comunicación de masas en lingua galega -a meirande parte electrónicos- cumpren malamente ese papel. Enténdaseme ben, quizá a culpa é máis dos comentaristas que dos opinadores, quizá é unha culpa distribuída. Debe ser por iso que nestes anos só a blogosfera achegou, puntualmente por desgraza, esas ágoras -ou tascas, como se prefira. (Non lean isto pero reparo agora en que task é tarefa en inglés, e así entende un mellor esa expresión nosa de ir tomar os choios).

O proxecto impulsado xa hai unha década por Atlántica de Información e Comunicación dá un pequeno paso máis no fecundo camiño encetado coa reestruturación do seu soporte en papel e a creación do suplemento ProTexta. Con este avanzo o proxecto gaña en madurez e distánciase dos perigos que ameazan aos medios inmobilistas.

Doutro lado Vieiros suple a perda da canle Tempos con unha primeira colaboración con radiofusión, o portal da programación común das emisoras municipais galegas agrupadas en EMUGA.

Esta sinerxia é máis simbólica que real. Consiste nunha simple sindicación de contidos que irá publicando en Vieiros as novas locais producidas polas emisoras nun ticker, visíbel ao lado do que xa funcionaba a través de Europa Press. É o mínimo polo que comezar, e máis que nada coloca sobre a mesa todo un abano de posibilidades e complementariedades, co único límite que ten a natureza diferente -privada e pública- das entidades promotoras.

Con todo, este movemento reaviva o até hoxe algo parado sector da comunicación local, tan importante para o noso idioma como que é case o único reduto informativo no que o galego é maioritario.

Desde aquí saudamos as dúas iniciaciativas e desexámoslles todo o mellor.

Chuzame! chúzame -
Comentarios (2) 12.53 pm