Obama non gañou Wyoming, mais Wyoming gañou Madrid

Wyoming

Comentarios (0) 10:54 pm

As memorias do mar

Memoria_do_mar

Ás veces as webs institucionais serven de pouco. Outras veces son unha mina de novas moi interesantes.

A subscrición ás noticias da Consellaría de Cultura lévame a dar con A Memoria do Mar. Ese é o nome dun proxecto e dunha exposición vinculada ao Museo do Mar de Vigo na que se recupera por medio de fotografías o pasado (sorpredentemente próximo) das nosas vilas mariñeiras. É tamén a memoria de todos nós, unha parte do País que algúns non teñen rubor en esquecer.

Non podo deixar de recomendar a contemplación de moitas das case 3.000 fotografías que se reuniron. Podes comezar por unha selección persoal, e despois mergullarte con tempo e calma na web do proxecto. Unha xoia de tal calibre que dubido que ningunha outra área da Xunta nos poida ofrecer algo igual durante moito tempo.

Esp’ranza no cambio

DeseñoGráfico,RostroObamaEnTags

Para ler máis:
CNN Exit polls
Margens de erro

O porto dos escravos
Asennadas
Capítulo 0
Navicularia
Selva de Esmelle
Zero Vacas
As túas balas
De Paso
Brétemas
Apunta, para non o esquecer
Galpón de Breogán
Ferradura en tránsito

Forges
Vergara
Eneko
Manel Fontdevila
O Carrabouxo

E mentres leo isto, non deixo de preguntarme que sería daquel sinxelo do Venceremos nós (We shall overcome) que andaba pola casa. E perderíase?

Real Companhia Velha

Real Companhia Velha Unha festa é unha festa, vale, pero hai que gardar as formas.

Non é normal o que Susa ven de facer comigo. Ela estaba no outro cuarto, ¿non?, con todos eses descoñecidos vestidos como se a única roupa que tivesen fose a dos domingos. Eu máis nada lle botei unha ollada desde o pasillo. Nen que fose a primeira. Susa está como Dios e cada vez que teño unha perspectiva de dous metros pégolle un repaso completo dende a cariña ata os pés. O tempo aprenderíame que así é como eu contemplo as miñas namoradas en potencia. Para os rollos, en troques, vou de abaixo cara arriba.

Estabámolo pasando como nunca: as nosas voces erguíanse por riba do balbordo da xente no salón e as pezas daquela mítica casete de Sete anos de canción galega silenciaban os intelixentes diálogos daqueles caras-de-pau que arrodeaban a Susa. Tentaba disimular a miña indiscreción bebendo un grolo da estrella cando ela colleu e veu cara min.

- Vén, vén comigo. Teño algo que amosarche.

Dixo que tiña unha cousa que me amosar!. Con toda naturalidade, coma quen lle lembra a un algo intranscendente. Non puiden ver as caras que poñían Afonso e Tareixa nin a do tipo con aquel cantar tan auténtico como é que era o seu nome? porque xa ela me enganchara do brazo e me arrastraba cara o seu cuarto.

Pechou a porta e prendeu a luz, por esta orde. O intre que pasou entre unha cousa e outra só serviu para aumentar o meu desconcerto. Non estaba preparado, e cando resolvín prepararme a bombilla de cen vatios xa me tiña escarallado a acción sorpresiva. Botei de menos a iluminación cutre do resto do piso.

Alegreime en troques de que o vidro da porta, anque translúcido, estivese tapado co cartaz dunha película habilmente axenciado nalgún cinema. Fiquei ollando o protagonista botando en falta algo que non sei se era carisma ou o que carallo fose que eu non tiña. Mentres, ela dirixiuse cara á cama. Intentei adoptar o porte do actor aquel mais foi en van. Cando me volvín cara ela Susa xa estaba deitada, atravesada ao largo da cama. Con perplexidade tentei buscar o meu sitio no mundo. Non podía deixar de admirar as súas pernas, descubertas por completo por mor da postura e do curto da minisaia, e as súas curvas debaixo daquel xersei fino.

Eis a resposta, camarada Stendhal. Pode que leves razón niso de que as mulleres non son máis que carabullos nunha mina de sal iluminada polo Sol. Pero un carabullo non é un pau. De cando en vez aparecen cousas fermosas de seu, e se aínda por riba póslle sal á túa vida, pois que che vou contar…

Perturbadora. Debín facer algunha estraña manobra corporal para non verter a cervexa porque ela deu en rir. E vaia riso. Se algo verdadeiramente bonito ten a Susa é ese riso tan fermoso, tan sincero e inocente, contáxiate sen te decatares. Ese riso engaiolante íaseme aparecer repetidamente en moitas outras caras durante anos.

- Achégate -dixo mentres se poñía de lado e botaba unha man por baixo da cama. Parecía buscar algo.

- Que? Que tal aí dentro? -preguntou Tareixa con retranca ao vernos saír do cuarto.

- Hostia! Pero mira que riso trae na cara o impresentábel este-. Era Afonso quen me acusaba intentando apuntarme infrutuosamente co seu dedo índice. Reuninme con eles mentres Susa entraba no baño.

- Joder! Mira que sodes ben malpensados. Xa non pode un ter unha conversa privada con ninguén.

- Así que falando, eh? Pois pareces algo acalorado-. Só unha muller, Tareixa neste caso, sería quen de facer unha aprezación deste calibre con tan pouca luz e nun ambiente tan cargado.

Non sabía eu que responder cando por fortuna Susa deu en saír do baño. Afonso empurrouna cara nós e aí colleu e chantoulle da maneira máis directa posíbel:

- A ver. Que demo estabades a facer aí dentro os dous? – Calculei que por entón xa debía ter superado de longo a barreira das cinco cervexas.

- Como sodes! – arromedou Susa, a quen lle abondou con contemplar as facianas e os acenos de Afonso e Tareixa para meterse de cheo na conversa-. Para que o saibades estivemos bebendo do porto que me regalou Mona. A que estaba rico, eh? – díxome ao tempo que me golpeaba co cóbado.

- Si, estaba como Dios- suspirei.

A vida pasa(se)

Ás veces un sente gañas de se materializar en varias habitáculas do blogomillo. Quero pensar que un comentario atinado pode ser algo así como un abrazo, que unha chamada de móbil oportuna pode ser unha raiola de sol. Pero un abrazo é realmente o que lle entran gañas a un de dar, e non toques a unhas teclas.

Abrazo inmenso para todas e todos vós.

No vello peirao

Xa vai uns meses descubrín que un dos meus desexos se tiña feito realidade. Unha versión magnífica que non podo deixar de fusilar e distribuir. Parabéns a Motor Perkins.

Embarrancados

Foto de Manolinho Captura.

 
 Motor Perkins – No vello peirao [4:12m]: Play Now | Play in Popup

Luci no Ribeiro con Crema de Oruxo

A mellor crema de oruxo deste País. Non é coña.

Com efeito

Com efeito, algo nom vai bem na nossa língua quando os primeiros galegos a falar do galego diante da Assembleia da República portuguesa nom som representantes eleitos polo nosso povo.

Algo nom vai bem quando, aliás, o melhor e mais completo dicionário da nossa língua, o dirigido por Isaac Alonso Estraviz, carece da projecçom pública e do apoio institucional que merece, condenando-o a ser uma obra monumental agochada nas estantes das livrarias e dos salons de uns poucos e bons amantes do idioma.

Deixa a túa mensaxe na caixa

Comentarios (0) 12:00 am

Trienios

3 anos de habitácula. Pasou o día e sen querer vai un e decátase de que leva marmuriando a viva voz desde hai máis de 150 semanas. Como as parellas rutineiras os aniversarios xa non se celebran coma antes. Como os funcionarios acomodados os traballos xa non se revesten da mesma cualidade. Quizá sexa iso. Mais o que sempre se fai é balanzo.

Onte dediqueime a repasar case dous anos de anotacións desde o comezo. Hai veces en que un pensa que o que escribe non ten cualidade ningunha. Outras en que parece incríbel ter sido un capaz de escribir tal cousa. For unha cousa ou a outra, o que permanece é a razón. E esa motivación puiden vela onte ben clariña, movéndose, avanzando e evoluíndo como un ser vivinte, pasando polas súas probas e probando ao mundo ao mesmo tempo. Chegou para me reconfortar. Se algunha vez houbo unha sensación de tempo perdido, coido que nunca máis se há volver presentar. Aínda que morra o animal.

Nesta viaxe interior atopei comentarios de persoas que foron quedando no camiño, pegadas de blogues desaparecidos ou resucitados, de videos retirados pola presión das discográficas, de polémicas interesantes e interesadas, de alcumes que tiña imperdoabelmente esquecido, de seres que apenas coñezo, de ligazóns que seguen ben vivas e por perto… A toda esa xente intelixente, sempre ben achada, por sempre nova: Obrigado!

Cartom postal perdido

Xixón

Decidi que quero ser brêtema
como a bruma guarda a memória do sítio que a acolhe
e traça os seus accidentes até aos recantos mais tapados
essa matriz deitada coberta de noiros e ínsuas
do val fértil aos cumes dessafiantes
decidi ser como ela
pensou o moço que escolheu viver aí
há bem anos
quando à névoa

(É noite de chuva, viadutos e power-pop no 92.6 da FM
por uma estrada de territórios também perdidos.
Sinto-me transparente.)

Noite na beiramar de Santo Amaro

Non vou falar
Non vou falar das ondas alboreladas
do mar da Crunha
nin da cor do Támara ao paso por Montaos
ou dos reflexos prateados da fitas
de Aguasantas

Non vou falar
non

Por que habería de contar os cantos
do granito de Compostela
ou os cántigos
hipnóticos das pingas en fontes gravitatorias
ou as raias que parcelan os nosos soños
soños que nin vós nin eu viviremos

Non

Falarei cando chegue a tormenta
a água criadoira e o frío estremecedor
a calor do último toro de leña
primeira faísca do futuro

Entón falarei
e espero que esteades alí
nascentes
na fervenza dos días
e das lúas que virán

A Coruña, 19/1/08

Boas Festas

Boas Festas

 
 Os Raimundos – Merry Christmas [2:06m]: Play Now | Play in Popup

Declárome estibalista

Foi hai moito tempo. Estaba de paso na ponte desa proa pétrea atlántica. Só un par de anos traballando en cousas de números e incertezas. Convidei a uns coñecidos ao Alfaiate a un recital de poesía. O meu recital primeiro. Novizo, non sabía quen era ela. Pero algo máis que o nome debía saber, para irme estrear precisamente alí. Fiquei prendado daquela muller. Ao acabar o recital, o rapaz tímido foi dicirlle canto lle encantara. Falar con ela. Non sei que lle dixen, nin como. Só sei que saían verbos desde o máis fondo e honesto que podía haber en min. Maxia. Ela xa foi entón o que eu hoxe penso dela. Quixo darme un Pan. Sorprendido, rexeiteino amablemente. Ao día seguinte fun compralo sen falta.

Perdinlle a pista de despegue e cos anos só atopei dela algunhas pegadas impresas. Nun acaso dei con ela un día -ou unha noite-. Agora podo dicir que en verdade caín na rede. Desde entón ela abre a miña lista de ligazóns, e non só por causa do ASCII.

Obrigado a Goretoxo pola ligazón e ao Levantador por publicalo.

Panis et circenses

Circo e pan.