Arquivo da categoría 'economia'

Comezo con esta anotación unha serie de varios artigos sobre a situación da política no urbanismo e do urbanismo na política, e en xeral sobre o planeamento e ordenación do territorio. Todo isto enmarcado conscientemente na axenda política que se aveciña, a uns poucos meses das eleccións municipais.
Nesta primeira entrega quero chamar a atención sobre […]

Na liña de flotación

Data de publicación: 28 de Febreiro de 2007
Category: atlantico, contos, denuncia, economia, politica

O capitán de Galiza e a súa tripulación acaban de volver pór en evidencia a súa carencia de proxecto de Nau, a falta de respecto que estes xentilhomes merecen nas tabernas de Madrid e Cádiz, e o feito de que ningún armador, estaleiro ou banqueiro aceptaría o seu aval e o seu creto para […]

ASTANO: PSdeG, franquicia de Madrid

Data de publicación: 16 de Febreiro de 2007
Category: atlantico, denuncia, economia, lugares, politica

Esta é unha segunda versión dunha anotación anterior titulada Onde está o ministro de economía de ZP? A SEPI e o seu presidente dependen do Ministerio de Economía de Pedro Solbes, de quen non se soubo absolutamente nada en todo este vergoñante proceso, máis preocupado seguramente en arranxar a OPA de e-ON sobre ENDESA.
En pouco […]

Déjà-vu

Data de publicación: 7 de Febreiro de 2007
Category: denuncia, ecoloxia, economia, politica, revival

As Encrobas 30 anos despois. A Coruña sen Vázquez 28 anos despois. A aldraxe do Estatuto 27 anos despois. O desmantelamento do sector naval 25 anos despois. O Beiras rendendo unha Asemblea do Bloque 21 anos despois. O PP na oposición 20 anos despois…
Tan pouco teñen mudado as cousas neste tempo? Ou será unha sensación […]

As cifras do paro

Data de publicación: 26 de Xaneiro de 2007
Category: denuncia, economia, estatistica, lugares, politica

Xa vale.
Que se nos diga que baixa o desemprego. Que se nos diga que somos a segunda CC.AA. tras Andalucía que rexistrou unha maior baixa. Que se nos diga que a porcentaxe de paro en Galiza baixou até os niveis de 1982.
Non vou ser eu quen diga que estamos peor que na era Fraga, cando […]

Terceira emigración

Data de publicación: 23 de Xaneiro de 2007
Category: denuncia, economia, lingua, lugares, poesia, politica, revival

Todo iso é mentira
Eu seino
Vós sabédelo
Sábeno eles tamén
Xoán reparte o leite
polos outeiros de Limerick
Ramón está en Madrid
buscando a nosa síntese
Bruno, o fillo do Historias,
é guardia civil en Pamplona
Carme ainda vive en Vigo
pero xa se sente en Barcelona
Ana comeza de cero con sete
nalgun lugar da Alemaña
Xabier pensa marchar a València
cando remate en Canárias
Teimades en falar de […]

O prezo da electricidade

Data de publicación: 11 de Xaneiro de 2007
Category: atlantico, denuncia, ecoloxia, economia, politica

A imaxe está tirada dun libro de Albino Prada, e reflicte as zonas do Estado que no ano 2008 serán produtoras netas (en vermello, maior altitude) e consumidoras netas (en azul, menor altitude) de electricidade. As liñas vermellas reproducen os principais fluxos de transporte. Apréciase ben o papel de xeradores que o deseño da […]

Onde estabas ti no 85?

Data de publicación: 19 de Outubro de 2006
Category: contos, denuncia, economia, intres, lugares, media, musica, poesia, politica, raices, revival

Se callar non andabas lonxe. Se callar estabas alí. Nos pavillóns da Feira Internacional de Mostras do Noroeste. Na Malata, en Ferrol.
O ano 85 chantaba a ameaza cumprida dos despedimentos da Reconversión Naval en ASTANO. O 27 de decembro do 84 era a data do terríbel ultimatum espetado a 3.500 familias nas xuntanzas do Nadal. […]

Patente de nación

Data de publicación: 12 de Outubro de 2006
Category: denuncia, economia, politica, rede

As miñas anotacións cada vez máis espazadas no tempo estaban comezando a converter a Calidonia na Bravú, aquela revista que saía á rúa cando as circunstancias o precisaban. Sexa certo ou non, o que estivo a acontecer estes días nun pequeno recuncho do mundo dixital (e real) mereceu a miña atención e os minutos que […]

Sospeitas razoábeis

Data de publicación: 8 de Agosto de 2006
Category: ecoloxia, economia

Avisos da existencia de incendios forestais (a imensa maioría dos puntos verdes) ás 01:00am do 9/8/2006 [actualizado]. Datos da web do servizo de urxencias 112 da Xunta de Galiza.

Variación (en %) da poboación no período 2001-2005 (en vermello os concellos que máis medraron). Datos da web do IGE