Arquivo da categoría 'contos'

A laranxa máis laranxa de tódalas laranxas

Data de publicación: 9 de Marzo de 2007
Category: aplicacions, contos, intres, lingua, revival


2 anos de bitácora

Data de publicación: 4 de Marzo de 2007
Category: atlantico, blogMillo, contos, intres, poesia, rede

Na ribeira acouga a nao
e aniñan nos seus mastros os paxaros da terra.
Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,
dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,
e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.
Durme a nao na ribeira,
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla
e alma ten de farándula [...]

As pedras fálannos

Data de publicación: 1 de Marzo de 2007
Category: atlantico, contos, denuncia, ecoloxia, lugares, raices

Centrarémonos en dous petroglifos relacionados fortemente coa paisaxe coma un todo: un chámase O Raposo e outro A Ferradura.
[N'A Ferradura] …interesante foi a excavación dunha fenda, posibelmente natural pero labrada logo por mans humanas, que atravesa a rocha de leste a oeste, de xeito que situándonos ao leste da mesma, sobre o nivel natural do [...]

Na liña de flotación

Data de publicación: 28 de Febreiro de 2007
Category: atlantico, contos, denuncia, economia, politica

O capitán de Galiza e a súa tripulación acaban de volver pór en evidencia a súa carencia de proxecto de Nau, a falta de respecto que estes xentilhomes merecen nas tabernas de Madrid e Cádiz, e o feito de que ningún armador, estaleiro ou banqueiro aceptaría o seu aval e o seu creto para [...]

Junkies de Compostela

Data de publicación: 30 de Xaneiro de 2007
Category: contos, lugares, media, podcast

Acougo con este corte sonoro da actuación de Carlos Blanco nunha das finais de monólogos de El Club de la Comedia, naquela edición que acabou gañando Eva Hache. O vídeo andou un tempo polas redes P2P pero nunca fun quen de collelo enteiro. E no YouTube non está, desde logo. O ficheiro chegoume grazas a [...]

 
icon for podpress  Carlos Blanco - Santiago (El Club de la Comedia) [5:49m]: Play Now | Play in Popup | Download

Onde estabas ti no 85?

Data de publicación: 19 de Outubro de 2006
Category: contos, denuncia, economia, intres, lugares, media, musica, poesia, politica, raices, revival

Se callar non andabas lonxe. Se callar estabas alí. Nos pavillóns da Feira Internacional de Mostras do Noroeste. Na Malata, en Ferrol.
O ano 85 chantaba a ameaza cumprida dos despedimentos da Reconversión Naval en ASTANO. O 27 de decembro do 84 era a data do terríbel ultimatum espetado a 3.500 familias nas xuntanzas do Nadal. [...]

Prova de amor (blues do poeta maldito)

Data de publicación: 28 de Setembro de 2006
Category: contos, musica, poesia

Para o Roberto,
e tamén para a súa guitarra
A quanta mulher via
mostrava um poema
Primeira diz que já o leria
Segunda sei que sentiu pena
Terça quis saber por que escrevia
Quem deu em rir nom volvim vê-la!
Duas que eu sei nom liam poesia
Esta lectora seria-vos boa mestra
Aquela estudava três filologias
a louca mentiu: Que cousa tam bela!
Umha cos versos [...]

O segredo da Illa das Focas

Data de publicación: 17 de Agosto de 2006
Category: atlantico, contos, lugares, raices

Xa falei nunha anotación anterior da miña admiración polo filme de John Sayles The secret of Roan Inish (aquí traducida por ‘O segredo da Illa das Focas’), admiración que a través dos blogues descubrín que partillaba con Manuel Gago. A película está baseada nun relato infantil de Rosalie K. Fry, unha muller de Vancouver [...]

O Especial de Medianoite

Data de publicación: 19 de Xuño de 2006
Category: contos, media

Estamos na Norteamérica sureña. Os reclusos desta prisión son todos homes de raza negra condenados a traballos forzados. Xente de ben e xente de mal, talmente como fóra destes muros.
Todas as noites e sen hora fixa un tren expreso circula por un camiño de ferro próximo ao cárcere. Contan que aquel preso que en plena [...]

Nada mellor que Bonaval

Data de publicación: 7 de Xuño de 2006
Category: contos, intres, lugares, poesia

Nada mellor que a bona vale. A val boa, en feminino, como ten que ser. Nada mellor que fuxir das estampidas de toristas de volta do Coruña ben pertrechado cun par de bocatas. (Nota mental: Por que non terán servizo a domicilio? A utopía da mellora da hostelaría en Santiago!)
Nada mellor que coller camiño de [...]