Debatendo sobre o debate en Twitter
Imaxe, TVE1 analóxica. Son, Cadena SER FM. Comentarios, Twitter.
comezo o debate sobre o debate, aquí, no Twitter
nervos e sorrisos forzados, ZP buscou soltarse falando con MCV, a Rajoy fáltalle unha talla de chaqueta
sigo pensando que o feito de Tele5 a e Antena 3 non dar o debate é un criterio de segmentación do mercado electoral, ao PP non lle interesa
que mandadiño é o Mariano, á chapatoria sempre gañaron os de dereita
mentir: I (un palote, e contando) indefinición ideolóxica do PSOE (outro)
xenial, a ollada de esguello a Rajoy ao dicir "decente"
moooito mellor preparado ZP, onde vai
como se nota que lle gusta a economía a Rajoy, cifras e seguranza no discurso, parece que no PP apostaron por superar o bache de Pizarro
ZP perdou a ollada un intre, está a seguir a luz vermella das cámaras?
ai, ai, primeira manipulación flagrante da estatística, a escala dese gráfico de paro, o PP tiña que ser, boa idea con todo o dos gráficos
que ZP lembre a conxelación de salarios dos funcionarios dálle un punto a Rajoy, ao meu ver, ZP tamén con gráficos!
a mesma frase que Aznar en 1993, "los datos son suyos, de su gobierno"... a herdanza pesa
a medida das hipotecas de hoxe por Solbes en plena campaña é sangrante por obscena, mala resposta zetapé
o terceiro turno parece unha perda de tempo e unha repetición, interesante que Rajoy entrara no da competitividade... e daí á inmigración
ZP, erro maiúsculo! non hai recesión económica mundial, recesión significa signo negativo, iso só comezou en EUA no último trimestre
ten razón Rajoy con que ZP non debeu mencionar a Bush coa medida dos 600 $, podía evitalo
bon cerre de ZP coa mención á sesión de investidura
economía e emprego, empate, o que é malo para Rajoy
inmigración="avalancha" segundo Rajoy, asoma o verdadeiro discurso
ZP mantense pegado ao discurso preparado, non lle responde ao tema inmigración de momento
mentir: II (dous palotes, e van tres en boca de Rajoy), volta aos inmigrantes
ollo, que o PSOE se xoga moooito voto inmigrante de noso señor
chiscadela aos votantes mozos, ZP deixa a inmigración para o último turno, supoño que lle recordará o da situación que deixaron eles
víase vir, Rajoy Ministro do Interior, sairá o Prestige?
hostia, que estratexia de despiste nova iso do "bonobús"
mentiraaas, eres una mentirosaaa... tanto amor tu me fingías...
bufff, que papelón esa defensa rosa dos inmigrantes ZP
política, social, vitoria de ZP
terrorismo, a españa profunda a escena, non podo ver isto como o verán no centro da pel de touro, pero a ver...
non se vai dicir nada novo neste bloque que non se vertera xa nos media, apostamos?
mariano nervoso, xogando co bolígrafo, ZP firme, honesto
ZP se apunta á mentira (un palote), 11M a escena
"yo me enteré por ibarretxe en la radio" que c... Rajoy
Rajoy volta ao o discurso dos bandazos de posicións e ideas do PSOE, idea recorrente (2 palotes)
jo jo, Mariano amosa un titular de El Mundo como información gráfica de apoio, jo jo, "mentir" máis unha vez, "chantaxe"
xa lle tivo que mentar a sombra de Aznar outra vez
y tú más
eso que le dijiste zeta, le dolió, le dolió ("es usted")
ZP xa o conseguiu, Rajoy defendéndose na súa etapa de Ministro
War! What is it good for?
seguranza, para min gañou ZP, pero vaian Vdes a saber o que opina La Razón mañá
[intermedio]
pero quen di na SER que Rajoy foi infinitamente mellor???
Zaplana tiña que ser, como lle deixan falar primeiro???
[continuación]
política institucional, estatutos, nacionalismos...
tremendo "tic" de Rajoy ao mirar para o infinito arriba á esquerda cada 5 segundos
"otra idea de españa" vexamos canto se mollou o papel de Suso de Toro por boca de ZP
ZP atacando o bastión valenciano co tema do transvase do Ebro, será porque é onde se xogan escanos
a mellor defensa é un bo ataque, pero hai demasiados prexuízos na audiencia para que lle funcione [a ZP]
chaves o chavez, contra quen vai Rajoy? ese ceceo gayego
como le Rajoy, como le
eses acenos e esa expresión de ZP son falsos, non parece tan honesto como antes neste tema da España se rompe, non di cal é o seu Estado
zetapé se vai a temas sociais e fuxe da cuestión
outra vez lle bota en cara a dualidade a ZP como imaxe da indefinición do PSOE
ZP só ataca a incoherencia do PP, pero non define o modelo de Estado, u-la política institucional do PSOE?
teño o pálpito de que o gañador das eleccións vai ser CiU
Zapatero: talante, pero non tallante
para min este bloque gañouno Rajoy
o gráfico [mostrado por ZP] da "variación" do prezo da vivenda que non do "prezo" curta a primeira etapa de goberno do PP
bluff dun ministerio da vivenda sen competencias en vivenda, está crecéndose Rajoy efectivamente
iso si, pola Tele ZP gaña puntos coa súa ollada sincera e Rajoy pérdeos por... case todo!!!
o primo de Rajoy planea sobre o debate
Rajoy equivócase de papel e mostra o nº de vivendas VPO en varias comunidades falando do prezo
chapapoteeee!
chispas!!! "Zapatero ha agredido a las victimas del terrorismo"
neste último bloque a iniciativa levouna Rajoy, pero pasouse coa frasecita, e ZP non a aproveitou
no peche Rajoy di que non é el o que está en xogo, coñecedor da súa baixa valoración social
está Rajoy apelando ao voto feminino ou parécemo a min?
véselle canso a ZP, non ten a forza do comezo, le case todo, e non acredita tanto no que di como antes, acusa o debate
valoración global, empate, con tendencia decrecente para ZP e crecente para Rajoy
"buenas noches y buena suerte", broche de ZP
quizá o cambio de tendencia ao longo do debate, con final superior a Rajoy acabe marcando os titulares menos decididos de antemán
con todo isto ao mellor teño que desdicirme e si que hai segundo debate
cambiando o audio da SER e a imaxe de TVE1 á TVG, para un maior pluralismo
aínda que me perderei a Losada, en fin...
geluco guerreiro leva a xogo a chaqueta co bigode, coméntanme por aquí [coincido coa súa percepción, Deus me perdoe!]
opina para Cuatro/SER/ElPais/PRISA: ZP gaña a Rajoy por 45,4% a 33,4%
ABC (Internet) ZP gaña pola mínima 55-45 !
o prime time para ZP pode marcar a opinión pública, aínda que todos os resortes mediáticos do PP están coordenados nunha aparencia vitoriosa
ElMundo (internet) Rajoy 58% ZP 42% non está mal (todos no rato)
La Vanguardia (internet) ZP 66% RJ 32%
la Sexta (telefónico) ZP 45% Rajoy 30%
La Voz de Galicia (internet): ZP 52% - RJ 48%
antena 3: 45,4 - 39,3 a máis axustada das telefónicas
Sondaxe para La Voz ZP 40% Rajoy 23% (telefónica, 1 día despois)
La Vanguardia (Nexus, telefónica, 1 día despois): ZP 45%, RJ 33%.
Media de todas as enquisas: J.L. Rodríguez Zapatero 48,8% - Mariano Rajoy Brey 38,5%
chúzame -
Pollethics
Hai tempo, recén estreado no meu primeiro traballo profesional remunerado, tiven a oportunidade de participar na elaboración dunha sondaxe electoral de ámbito estatal. Corría o ano 2000 e naquelas eleccións lexislativas decidíase se o PP de José María Aznar revalidaba a victoria que acadaran catro anos no Congreso dos Deputados, derrotando a Felipe González. Tamén se decidía, e se cadra isto era o realmente importante, se o PP lograba ou non unha maioría absoluta que lle permitira soltar amarras cos seus apoios nacionalistas do centro-dereita catalán e vasco e comezar a desenvolver sen trabas o verdadeiro programa político da dereita nacionalista española.
A miña participación naquela investigación electoral foi bastante intensa e dedicada, aínda que limitada ao plano de relevancia dun simple "técnico", como rezaba a nómina correspondente. Algúen tiña que alimentar unha estrutura de mando composta por tantos directivos como empregados de base. Pois ben, nunha encomenda para un medio español de comunicación escrita, asignóuseme a elaboración dun deseño de mostraxe para unha sondaxe electoral de estimación de voto.
O tamaño da mostra era reducido, a entrevista telefónica e o cuestionario breve e "xornalístico", de xeito que apostei por unha metodoloxía dirixida a atinar o resultado das urnas e non tanto o retrato da situación naquel momento. Procedín a analizar os resultados das eleccións ao Congreso de 1993 e 1996 en todos os concellos do Estado -máis de 8.000-, e filtrei, mediante os cálculos pertinentes, uns 50. Cal foi o criterio de selección? Escoller para facer as entrevistas aqueles concellos que calcaban ou aproximaban enormemente o resultado das dúas eleccións anteriores do mesmo tipo. Ou sexa, os "concellos-tipo" que reproducen no seu interior o voto que se rexistra nun ámbito territorial máis grande.
Está claro que non hai un só concello en España no que se presenten todas as forzas que obteñen representación parlamentaria. De xeito que houben de delimitar 5 zonas diferentes: Galiza, Catalunya, Euskadi+Nafarroa, Canarias e resto do Estado. En cada unha desas áreas unha escolma adecuada de concellos permitía reproducir os resultados anteriores con só sumar os votos que as distintas forzas obtiveron neles.
Sobre este deseño e esta aposta técnica se realizou o traballo de campo. O que mostraron os datos ao seu remate era unha cifra aparentemente asombrosa: o PP avantaxaba ao PSOE en intención directa de voto -tamén chamado voto declarado- en 11 puntos!!! É dicir, o que a xente que respondera a enquisa dicía, sen que houbera alteración ningunha dos datos ou "cociña" por parte dos técnicos, era que o PP ía arrasar, sen paliativos.
Aquela vantaxe era inédita, tanto en intención como en estimación de voto. O CIS nunca rexistrara esa diferencia en voto directo nos últimos 4 anos de barómetros "institucionais". Todas as enquisas publicadas en prensa até entón, a un mes vista das eleccións, estaban dando 2, 3, 4 puntos como máximo de vantaxe en estimación de voto do PP sobre o PSOE. Que facer?
Podíase corrixir a indecisión dos antigos votantes do PSOE nunha época de castigo social importante -posfelipismo, corrupción, dimisón de Borrell, candidato Almunia... Podíase pensar nunha alta participación que mobilizara ao tradicional voto abstencionista da esquerda... Podíase pensar que o deseño de mostraxe estaba errado... Podíase. Pero nin dun xeito nin doutro nin con todos xuntos se podían xustificar, sen empeñar a conciencia e a ética, e á vista daqueles datos, as diferenzas inferiores a 5 puntos que todo o mundo estaba publicando.
Folga dicir que como novizo non fun invitado a intervir na cociña desa enquisa, pero o caso é que saíu publicada cun dato non moi afastado do que todos os medios en España "coincidían" en estimar. O medo a ser o único instituto en "errar" deixouse notar, xunto a outros posíbeis factores que hoxe por hoxe descoñezo. Aquela enquisa converteuse así nunha máis das que contribuían a crear un estado de opinión pública e mediática no que se mantiña unha certa "tensión electoral", no que se esperaba unha vitoria, si, do PP, pero no que de ningunha maneira se podería -ou se debería?- dicir que todo o peixe estaba vendido.
Matinemos. A un vencedor non lle convén que se saiba que vai gañando. Os votantes que se deixan ir e nadan a favor da corrente poderían preferir pasar un día na praia. Concordemos. A un perdedor sen remisión non lle convén perder sen xogar, nin admitir a súa derrota de antemán -ou se efectivamente lle convén probablemente non lle deixen facelo. Non hai nada peor que un electorado desmobilizado e abatido en retirada. Recapitulemos. O tecido político, mediático e financeiro artellado arredor dunha cita electoral é dunha magnitude tal que practicamente a ninguén lle convén deixar de alimentalo, so pena de perder. O círculo péchase. Concluamos.
O resultado daquelas eleccións do ano 2000, sabémolo ben por desgraza, foi que o PP alcanzou a maioría absoluta, obtendo máis de 10 puntos porcentuais de diferenza sobre o PSOE -44,52% por 34,16%-, sumando 183 escanos contra 125.
chúzame -
O meu voto vai para…
Aproveitando que agora as candidaturas electorais poden incluír alcumes e que Eva Hache tamén se presenta ás eleccións, é o momento de dicirvos para quen vai o meu voto nestas eleccións. Esta é a candidatura á que darei o meu apoio:
1. Beliscos Pequenos "Besbe" (a candidata omnipresente)
2. Manuel "Brétemas" Bragado (o think tank)
3. Césare "As túas balas" (o polemista que todo partido necesita)
4. Elianinha "Eli" (a transfuguillas)
5. Xosé Manuel "Kandepalleiro" Méijome (o candidato da GZ irredenta)
6. X "Selva de Esmelle" (a ministra da lectura)
7. Berto Yáñez "Berto" (o encargado de acción social)
8. Óscar "Martin Pawley" Sánchez (o ministro do cinema)
9. Estíbaliz "mmmm" Espinosa (a confeccionadora de listas)
10. Clara Flor "A galega global" (a embaixadora internacional)
11. Manolo "Capítulo 0" Gago (o organizador de paparotas e convencións)
12. María "Casatlántica" Lado (a comisaria do fin do mundo)
13. Zero "MSP" Vacas (o que leva a área de formación)
14. Fíos "Torredebabel" Invisibles (a representante da emigración)
15. Opaco "O Paco" (o administrador do territorio)
16. César "Artritris" Pena (o nacho do merchandising)
17. Eva "Diotima" Campos (a modernizadora da administración)
18. Pedro "Goretoxo" Silva (o planificador de futuríbeis)
19. Andrés "Bazar de Nes" Maneiro (o director de cooperación e solidariedade)
20. María "Todonada" Yáñez (a responsábel de campaña)
21. Pai de Leo "E os seus" (o conselleiro de familia)
22. Suso "Percebeiro do Roncudo" Lista (o xefe da auga, do mar e da chuvia)
23. Xosé Manuel "Si home si" Pereiro (o veterano das relacións coa prensa)
Galiza escolle 23 representantes nas vindeiras eleccións lexislativas. E ti, a quen vas escoller?
chúzame -
Noite na beiramar de Santo Amaro
Non vou falar
Non vou falar das ondas alboreladas
do mar da Crunha
nin da cor do Támara ao paso por Montaos
ou dos reflexos prateados da fitas
de Aguasantas
Non vou falar
non
Por que habería de contar os cantos
do granito de Compostela
ou os cántigos
hipnóticos das pingas en fontes gravitatorias
ou as raias que parcelan os nosos soños
soños que nin vós nin eu viviremos
Non
Falarei cando chegue a tormenta
a água criadoira e o frío estremecedor
a calor do último toro de leña
primeira faísca do futuro
Entón falarei
e espero que esteades alí
nascentes
na fervenza dos días
e das lúas que virán
A Coruña, 19/1/08
chúzame -
Viño, vede, vinde

Saudamos a aparición no blogomillo dun novo báquico cortexo cun pouco de viño alentellano e un moito de suxestivas expectativas.
chúzame -