Arquivo da categoría 'blogMillo'

O Peirao de Nouvel en Vigo

Data de publicación: 9 de Maio de 2008
Category: atlantico, blogMillo, economia, lugares, portos

Vía Twitter entérome polo Curioso Impertinente, alias Mirinho, dunha presentación en formato M$ PowerPoint que polo visto anda circulando polas caixas de correo dos vigueses a modo non sei se de publicidade institucional, de marketing viral ou de ambas as dúas cousas. O seu contido alterna comentarios e infografías. O texto reprodúzoo traducido a seguir. […]

Proxecto Identidade

Data de publicación: 15 de Abril de 2008
Category: atlantico, blogMillo, contos, lingua, rede

A identidade ten fronteiras. Como a civilización está separada da barbarie. Como a túa casa ten paredes. Como na túa habitácula hai divisións. Como non. As raias son boas e necesarias. As xanelas e as portas tamén. Os límites deste proxecto teñen a forma dun libro e a relevancia dun paquete lonxincuo. Ten a fasquía […]

Música libre: Magín Blanco + La Rosa

Data de publicación: 30 de Marzo de 2008
Category: atlantico, blogMillo, musica, revival

Xa tiña algo esquecida esta ’sección’, así que imos darlle un novo pulo aproveitando que Magín Blanco está a colocar no seu blogue toda a discografía en descarga libre do seu mítico grupo La Rosa.
Magín e Burgas Beat están a punto de lanzar un álbum conxunto, no que entroutras pezas de fantástico pop guitarreiro podemos […]

Trienios

Data de publicación: 8 de Marzo de 2008
Category: blogMillo, contos, intres, revival

3 anos de habitácula. Pasou o día e sen querer vai un e decátase de que leva marmuriando a viva voz desde hai máis de 150 semanas. Como as parellas rutineiras os aniversarios xa non se celebran coma antes. Como os funcionarios acomodados os traballos xa non se revesten da mesma cualidade. Quizá sexa iso. […]

Debatendo sobre o debate en Twitter (II)

Data de publicación: 27 de Febreiro de 2008
Category: blogMillo, politica

Agora que os estrategas da Rúa Génova xa deron permiso para un debate en Galiza, esta noite repetimos a experiencia.
Arrincamos
“personas” primeiro castelanismo de Touriño, moito oportunismo de Deus co tema da violencia de xénero
“renta…población…ganar” mellor non levo a conta
galiza galiza…
ekoNomiA
Quintana e a equidistancia, a aspiración de centro xa aparece na segunda intervención
falará do prezo do […]

Debatendo sobre o debate en Twitter

Data de publicación: 25 de Febreiro de 2008
Category: blogMillo, media, politica

Imaxe, TVE1 analóxica. Son, Cadena SER FM. Comentarios, Twitter.
comezo o debate sobre o debate, aquí, no Twitter
nervos e sorrisos forzados, ZP buscou soltarse falando con MCV, a Rajoy fáltalle unha talla de chaqueta
sigo pensando que o feito de Tele5 a e Antena 3 non dar o debate é un criterio de segmentación do mercado electoral, […]

Pollethics

Data de publicación: 14 de Febreiro de 2008
Category: blogMillo, causas, denuncia, estatistica, media, politica

Hai tempo, recén estreado no meu primeiro traballo profesional remunerado, tiven a oportunidade de participar na elaboración dunha sondaxe electoral de ámbito estatal. Corría o ano 2000 e naquelas eleccións lexislativas decidíase se o PP de José María Aznar revalidaba a victoria que acadaran catro anos no Congreso dos Deputados, derrotando a Felipe González. Tamén […]

O meu voto vai para…

Data de publicación: 7 de Febreiro de 2008
Category: bloGaliZa, blogMillo, politica, rede

Aproveitando que agora as candidaturas electorais poden incluír alcumes e que Eva Hache tamén se presenta ás eleccións, é o momento de dicirvos para quen vai o meu voto nestas eleccións. Esta é a candidatura á que darei o meu apoio:
1. Beliscos Pequenos “Besbe” (a candidata omnipresente)
2. Manuel “Brétemas” Bragado (o think tank)
3. Césare “As […]

Noite na beiramar de Santo Amaro

Data de publicación: 20 de Xaneiro de 2008
Category: atlantico, blogMillo, festa, intres, poesia

Non vou falar
Non vou falar das ondas alboreladas
do mar da Crunha
nin da cor do Támara ao paso por Montaos
ou dos reflexos prateados da fitas
de Aguasantas
Non vou falar
non
Por que habería de contar os cantos
do granito de Compostela
ou os cántigos
hipnóticos das pingas en fontes gravitatorias
ou as raias que parcelan os nosos soños
soños que nin vós nin eu […]

Viño, vede, vinde

Data de publicación: 11 de Xaneiro de 2008
Category: atlantico, blogMillo, blogoPonTe, lingua, lugares, rede

Saudamos a aparición no blogomillo dun novo báquico cortexo cun pouco de viño alentellano e un moito de suxestivas expectativas.