Documentos
Neste apartado irei colocando (ou o que é o mesmo, colgando) algúns documentos escritos por min e que quizá poidan ter algunha utilidade para a comunidade.
- Blogues en e con galego (PDF, 1,5 MB). Resumo realizado tentando sintetizar nun único documento as miñas reflexións sobre os blogues galegos, empregando datos tirados do censo de blogues que elaborei a comezos do ano 2006. Algúns datos e comentarios poden estar hoxe desactualizados.
- Introdución ao fenómeno blog en Galiza (PDF, 1,7 MB). Documento preparado con ocasión do programa de formación sobre a blogosfera organizado polo Centro Multimedia de Galiza en novembro e decembro de 2006, ampliado e mellorado substancialmente para as xornadas sobre os blogs como novas canles de expresión organizadas polo Departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela en xaneiro de 2007.
