Polas Ribeiras do Tambre (II)

Lembrades a anotación que sobre un pequeno paraíso perdido no Tambre escribín hai agora seis meses?

Obras para unha minicentral no Tambre

A prensa anuncia hoxe que a Xunta de Feijóo vai permitir o ano vindeiro a construción de minicentrais hidroeléctricas nas xa saturadas concas dos ríos galegos. A Consellaría de Medio Ambiente (sic) daralle para adiante a 31 dos proxectos que aprobara o goberno en funcións de Fraga e que o bipartito PSOE+BNG logrou manter paralizados durante catro anos.

Imaxinádevos a calquera, despois de camiñar varios quilómetros apartando xestas e evitando pozas pero tamén gozando da paisaxe, chegando diante dun monte de pedras que cobre o sendeiro e o fai desaparecer por completo, xusto no lugar onde un pequeno afluente desemboca no río, imposibilitando completar a ruta até a presa.

Ignorante de min non acertei a atinar até máis tarde de que ía aquilo. Por fortuna decidín tirar as fotografías e ao voltar á casa facerlle unha consulta a un coñecido de Verdegaia. O que eu só sospeitaba, como simple sendeirista ilusionado e desinformado que sou, confirmoumo el. Hai anos Fenosa (hoxe Gas Natural) comezara aí unhas obras para unha minicentral (imaxino que até sen licenza) e que grazas ás denuncias dos ecoloxistas lográrase parar. Só momentaneamente polo que se ve.

Agora volvemos ás andadas. Imos permitilo?

As imaxes que acompañan esta anotación son do verán, de agosto deste mesmo ano. Foron tiradas no canón do río Tambre, xusto cando unha ruta de sendeirismo que discorre pola ribeira finaliza inesperadamente perante unha avalancha de cascallos que cobren unha área de aproximidamente 1,25 Ha.

Vista da desfeita 1

Vista de desfeita 2

Vista da desfeita 3

Vista da desfeita 4

Comentarios (3) 12:24 pm

3 Comentarios »

  1. Polas Ribeiras do Tambre…

    A prensa anuncia hoxe que a Xunta de Feijóo vai permitir o ano vindeiro a construción de minicentrais hidroeléctricas nas xa saturadas concas dos ríos galegos. A Consellaría de Medio Ambiente (sic) daralle para adiante a 31 dos proxectos que aprobara o…

    Rastro (Trackback) por chuza.org — 12/11/2009 @ 8:49 am

  2. Xa non hai Consellaría do Medio Ambiente propiamente dita. Agora, coma nos tempos de Cuiña, é Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con orde de prioridade inversa ao que o seu nome poda facer pensar.

    Comentario por xmcarreira — 16/11/2009 @ 1:48 pm

  3. [...] Máis información na web da CIG-Ensino. E se alguén aínda non ve claramente as diferenzas, este post de Calidonia pode darlle outro [...]

    Aviso (Pingback) por Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Feijoo desmantela o Consorcio de Igualdade e Benestar — 19/11/2009 @ 3:05 am

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .