Nube de palabras do Blogomillo v2.0
Grazas aos xogos malabares do Goretoxo podemos gozar desta nova versión da nube de palabras do blogomillo. A gráfica está composta polos termos do VOLGA máis frecuentes en todas as anotacións publicadas desde 2005 nos blogs galegos rastrexados pola araña da Blogaliza.
A diferenza de ocasións anteriores desta volta podemos personalizar a nube grazas ao servizo da IBM ManyEyes.
Comentarios (9) 8:58 pm
9 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos


…así, de primeiras, parece un blogmillo bastante cultureta, non?
…bo traballo!
Comentario por
dorfun — 24/01/2009 @ 9:07 pm
Nube de palabras do Blogomillo v2.0…
“Grazas aos xogos malabares do Goretoxo podemos gozar desta nova versión da nube de palabras do blogomillo. A gráfica está composta polos termos do VOLGA máis frecuentes en todas as anotacións publicadas desde 2005 nos blogs galegos rastrexados p…
Rastro (Trackback) por
chuza.org — 24/01/2009 @ 9:20 pm
dorfun, a min paréceme bastante festeiro:)
Comentario por
ifrit — 24/01/2009 @ 9:44 pm
eu concordo con ifrit
Comentario por
ghanito — 24/01/2009 @ 10:56 pm
Neste país o ‘cultureta’ e o ‘festeiro’ van xuntos. Somos así de guais.
Comentario por
reidotoxo — 25/01/2009 @ 2:40 am
mmmmmm…. creo que xa mesmo vou encargar unha camiseta…
Comentario por
goretoxo — 25/01/2009 @ 12:19 pm
[Como moitos outros, tamén me fixo nas anti-spam words. Para este comentario tocoume "van". Cintura, furgoneta en injlés, 3ª persoa do plu. presente verbo ir]
Van aquí, pois, algunhas impresións sobre o cúmulonimbo blogomillo:
Ademais das evidentes festas e festivais e premios e concursos, semella que os blogomilleiros escriben máis sobre cine que sobre teatro, e máis sobre teatro que sobre cinema. Resulta preocupante que a palabra concello alcance as mesmas proporcións que a palabra mundo. Entroido e Nadal van á par. Tamén o sol e a noite. Non deixa de ter a súa lóxica. O termo no que primeiro me fixei, quizais por ficar algo máis separado do resto e en vermello, a cor que sobresae da páxina como unha labazada, foi no termo “vida”. Pero naturalmente a “morte” tamén merodea e, como é lóxico a falta de negro, de azul escuro.
Tamén o mar azul é un chisco máis grande que a terra marrón. A terra, tamén a auga. Pero non aire nin lume.
Pareceume curioso que dos días da semana só aparezan o venres e o domingo [podemos afirmar, pois, que o blogomillo celebra o shabbat e que,por tal feito, amosa tendencias xudaístas?]. Que os meses máis sobranceiros, sexan abril e maio, aínda que tamén rastrexamos xullos, marzos, agostos e setembros. Que a casa sexa máis grande que a terra. Que a radio teña máis peso que a rede. Que a memoria sexa máis pequena que a historia.
Unha lei máis grande có dereito.
Sen embargo hai un pro e non atopo ningún contra.
A literatura é diminuta, apenas se ve. A lectura, en troques, lese ben.
Rescato do maremágnum de nubes unha pequena carta, un canto, unha voz e unha man. Por suposto hai un bar, un plan e unha pena.
Un pobo pequeno e unha vila algo máis grande. Unha cidade sen país.
Como protagonistas espreito un can, unha muller, un home, un tal Pedro, unha tal Luz [probablemente o substantivo e non o nome propio] e o Che. Non hai deus nin cristo nin virxe nin hostias. Podemos afirmar, pois, que o blogomillo é laico.
A menos que tomemos “ala” como divindade musulmana e non como a extremidade emplumada das aves. Nese caso, unha nova volta de torca orientaría o blogomillo cara ao islamismo.
Hai alcalde pero non presidente.
Amor hai.
Sexo non hai.
Si poder, traballo, paz, liberdade, guerra e violencia.
Un pequeno manifesto.
Como en todo, hai un pero.
[...]
Comentario por
estibaliz... — 3/02/2009 @ 6:19 pm
Sen dúbida é máis bela a descrición que a nube. E máis que ambas os elos, os sensos. E con eles as cadencias. E todas as palabras que baixaran da nube en forma de orballo e de chuvia. E aínda as que prenderan no humus e no lique. Mais antes que todas elas quedo coas que ficaron en reticencias.
Comentario por
calidonia — 3/02/2009 @ 6:30 pm
gracias, estibaliz; gracias calidonia.
fios como este reconcilian co mundo, e coa xente que o pisa…
Comentario por
goretoxo — 9/02/2009 @ 1:52 pm