O mellor (e o peor) de 2008
Mellor anotación: Comunismo, de Cesare.
Peor anotación: Cultur.gal, ese chiringuito, de Spavi.
Mellor fío de comentarios: Alguén que ande por aí sabería polaco?, en …mmm…, de Estíbaliz Espinosa.
Peor fío de comentarios: Masacre en Gaza, que Noxo!, en Brétemas, de Manuel Bragado.
Mellor blogueiro-a: Marcos Valcarcel, por As uvas na solaina.
Peor blogueiro-a: Xosé Carlos Caneiro, por A vida nova de Madame Bovary.
Mellor iniciativa blogueira: Proxecto Identidade, de Besbe e 53 persoas máis.
Peor iniciativa blogueira: A RAG debe admitir a palabra bueno xa, en Alema e no Facebook, de Alemamalo.
Mellor noticia: Dez mil persoas danlle un toque de atención ao bipartito, de Vieiros.
Peor noticia: Ex-aequo, todas as noticias sobre a Cidade da Cultura, de La Voz de Galicia.
Mellor artigo en papel: O bipartito e o contentamento descontente, de Manuel Rivas, en El País.
Peor artigo en papel: Pregunte a Edelmiro, 2, de Xosé Carlos Caneiro.
Mellor produto xornalístico: A Nosa Terra, de Promocións Culturais Galegas, S.A.
Peor produto xornalístico: La Voz de Galicia, de Santiago Rey Fernández-Latorre.
Naturalmente son Vostedes libres de continuar ou emendar a lista de engrazados e desgrazados…
17 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos

será a peor iniciativa blogueira…
pero a listaxe de persoas que se sumaron a ela non deixa de medrar…
axiña chegaremos ás 1.000 sinaturas
esperamos aínda pola súa
Comentario por
alema — 29/12/2008 @ 7:31 pm
Bon, encantoume a entrada; coma case sempre. Parabéns!!
Comentario por
Sak — 29/12/2008 @ 8:38 pm
Non estaba no meu ánimo incomodar, Alemãozinho. De certo que Vostede me entende tan ben como eu a si. Paz na Rede aos bots de boa vontade.
Comentario por
calidonia — 29/12/2008 @ 9:43 pm
incomodado? non, ho!
contento!
o importante é que falen de un… aínda que sexa mal!
gomi-gomi-gomi-gomi-nola

feliz ano!
Comentario por
alema — 29/12/2008 @ 9:57 pm
Alema, dise: o importante é que falen dun… ainda que sexa ben!
Comentario por
ictioscopio — 29/12/2008 @ 11:41 pm
#5
xDDDDDDD
Comentario por
alema — 30/12/2008 @ 1:31 am
Discrepo em que a anotação de Spav seja a pior e em que ANT seja o melhor produto jornalístico.
Em termo médio da discrepância estariam a entrada “Comunismo” (que mesmo sendo muito boa, tenho outras candidatas das quais gosto mais) e o fio de comentários do blogue da senhorita Espinoza (que mesmo podendo ser candidato, para mim não seria o ganhador… ainda que a minha desmemória impede-me lembrar algum em concreto
).
E de resto… ainda tenho de pensá-lo
Comentario por
Galeguzo — 30/12/2008 @ 9:21 am
Concordo con todo Calidonia, agás co mellor produto xornalístico que eu deixaría deserto. Bo ano!
Comentario por
folerpa — 30/12/2008 @ 10:59 am
Eu concordo con case todo. Explico: “Comunismo” é a mellor anotación que eu vin nunca (é dicir no século XXI), e en canto ao presente ano (deixando aparte o comunismo), a miña favorita ven de nacer: “na xungla de papel” en “de paso”. En canto á mellor inciativa blogueira eu destacaría a cea-homenaxe a Marcos Valcárcel.
Polo demáis, si a todo. (Excelente o de “alguén que ande por aí sabería polaco?”
Comentario por
bouzafria — 30/12/2008 @ 11:36 am
Calidonia premia (e castiga) o melhor (e o pior) de 2008 na rede (e mais alô)…
O blogueiro *Calidonia* ‘premia’ no seu blogue as que pare ele são as iniciativas, comentários, artigos… mais positivos ou melhor feitos de 2008 na internet (e mais alô) galega, e ‘castiga’ as mais detestáveis, pior artelhadas, etc….
Rastro (Trackback) por
chuza.org — 30/12/2008 @ 12:55 pm
Definitivamente é você um fanboy da senhora Estivaliz XD XD
A entrada de Spav é das melhores na blogaliza, umha que nom se decanta pola sugada de cona/caralho tam na moda cultural galega. E isso doe…
Comentario por
odemo — 30/12/2008 @ 1:00 pm
Fer, entendo que concorda comigo en que ese é o único mérito da tan desastrosa postaxe do Spavi: atacar o stablishment. Acontece que Vostedes teiman en querer confundir Estíbaliz con [Stab´lish`ment].
Porén eu coido que nin en Galiza hai moito stablishment cultural, que o que hai non está nos/nas autores-as, nin sequera nos máis prestixiosos, nin a anotación de Spavi está fundamentada en xuízo razonado ou obxectivo ningún, antes e ao contario en xuízos de valor gratuítos e altisonantes, e por tanto non me merece maior atención que a que lle dou: peor conachada do ano.
Daquela permítame que eu teña máis simpatías por un galician way, por moi stablishment que a vostede lle soe, antes que polo rebelde way que tan de moda se está pondo entre a xente sen argumentos.
E non sei cantas veces vou ter que me declarar admirador de Estíbaliz, nunca o agochei. Por certo, Vostede non torcerá tamén pola campaÑa do Alema? Definitivamente eran Vostedes máis engrazados cando tiñan no albo a Marta Rivera de la Cruz.
Cumprimentos
Comentario por
calidonia — 30/12/2008 @ 3:22 pm
[...] Calidonia no seu blog o que el considera a mellor anotación do “universo” galego de blogs dentro dos premios [...]
Aviso (Pingback) por
O meu espazo » Blog Archive » O fouciño — 30/12/2008 @ 5:16 pm
#13 Fico com a dúvida e a curiosidade de saber quem são “Vostedes”
Por outra parte… a admiração por Martita é algo que só sai quando a circunstância o requer
Comentario por
Galeguzo — 30/12/2008 @ 6:09 pm
[...] de que o ano que vén sexa mellor, recibo a grata noticia de que me conceden un premio… á peor iniciativa blogueira. E todo por cometer o pecado mortal de intentar que se recoñeza unha interxección tan nosa, [...]
Aviso (Pingback) por
Síntome como Halle BerryCalidonia entregoume un ‘razzie’ - alema — 30/12/2008 @ 7:16 pm
GRACIÑAS no que me corresponde. Un saúdo cordial.
Comentario por
marcos valcárcel — 31/12/2008 @ 6:20 pm
Esquecinme de anotar como suxestión para mellor artigo xornalístico en papel o seguinte, de Eduardo Rolland:
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/25/0003_7168289.htm
Comentario por
bouzafria — 4/01/2009 @ 10:35 pm