AraOS, linux con todo en galego
Por fin temos un escritorio linux íntegramente en galego sen necesidade de andar tocando algunhas cousiñas aquí e aló para que o Firefox ou o OpenOffice falen tamén o noso idioma.
O AraOS está baseado na Ubuntu 8.04 LTS, polo que podemos considerala unha adaptación desta distribución libre baseada en Debian. Non é a última versión do sistema operativo patrocinado por Mark Shuttleworth, pero é a máis estábel e conta cun período de soporte máis longo que a recén lanzada Ubuntu 8.10, da que case ninguén fala ben nos círculos entendidos.
Parabéns á xente de Mancomún e demais responsábeis da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.
Descarga, copia e espalla!
Actualización: O AraOS é un metapaquete na xerga linuxeira que serve para personalizar ou tunear unha distribución ou instalación previa, neste caso de Ubuntu. Aínda que se pode descargar desde Mancomún unha distribución completa co metapaquete integrado a Consellaría de Industria acaba de lanzar Galinux, un sistema operativo en galego con identidade gráfica propia que se basea na personalización fornecida por AraOS.
2 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos


Que pintaza!!! se até o aspecto gráfico está conseguido. Vouno probar agora mesmo (ben, de aquí a unha horiña, cando acabe de descargar).
Comentario por
Mario — 28/11/2008 @ 8:15 pm
Eu volvín á 8.04 porque tiña problemas de estabilidade coa 8.10 (porén eu non son un entendido)
Haberá que probar cando menos o live CD a ver que tal…
Comentario por
ghanito — 28/11/2008 @ 9:46 pm