Contas

Algunha vez teraste preguntado como un blogue no que as estatísticas acadan ás veces tanta relevancia non falou nunca do seu número de visitas. Astuto-a lector/a.

Actualmente Blogaliza emprega a primeira versión do Counterize, un complemento para Wordpress que se encarga de presentar no panel de administración do blogue unhas estatísticas moi sinxelas e en realidade moi pouco vistosas. Ultimamente os usuarios de Blogaliza vimos constatando que esta ferramenta presenta serias inconsistencias, quizá debido ao seu funcionamento e natureza, quizá debido á pluralidade de tráficos existentes (desde dentro e desde fóra de blogaliza.org, visitas de administración, robots, spam, etc).

Segundo o Counterize, en 17 meses de funcionamento, desde xullo de 2007, o blogue recibiu 120.000 visitas (das cales 26.000 foron de visitantes únicos), o que supón aproximadamente 7.000 visitas ao mes (1.500 únicas) e 250 visitas ao día (50 únicas).

Todo o mundo coincide en que unha das mellores solucións senón a mellor sería dispór do Google Analytics. No seu día comecei a empregalo dentro do meu blogue en Blogaliza, pero axiña foi incorporado polo administrador para realizar un seguimento de todo o sistema, e por desgraza parece que non é posíbel controlar separadamente (quer dicir, por usuarios distintos) un sitio e os seus subdominios baixo esta ferramenta. Existen xeitos de salvar esta limitación pero requiriría dunha conta única, o que nos levaría a partillar entre varias persoas o control do Analytics. Medo.

Por iso chegamos a Stat Press Reloaded, ao que lle imos dar unha oportunidade antes de inclinarnos pola posibilidade de independizarnos da plataforma para gañar en flexibilidade e control (e tamén para escornarnos e suar, ao tempo que imos aprendendo máis das novas ferramentas libres de publicación na rede).

Aproveito para comunicarvos a inclusión dun captcha nos comentarios, xa que no último mes houbo máis de 5.000 comentarios lixo, perfectamente filtrados polo SpamKarma2 pero que sen dúbida estaban sobrecargando innecesariamente o servidor de Blogaliza con transaccións inútiles.

Comentarios (3) 10:30 am

3 Comentarios »

  1. [...] ben conta o amigo Carlos, Blogaliza ofrece a partires de hoxe un novo complemento para contar visitas e realizar análises [...]

    Aviso (Pingback) por asennadas » Contando visitas neste blog, do Counterize a StatPress — 26/11/2008 @ 11:20 am

  2. [...] que fan Calidonia e Brenlla deixo aquí anotado que cambio o plugin interno que contaba as visitas na [...]

    Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » do counterize ao statpress — 26/11/2008 @ 1:51 pm

  3. [...] já fixerom Ghanito, Brenlla e Calidonia eu também migro para statpress. A ver como vai o [...]

    Aviso (Pingback) por O demo me leve » Archives » Eu também migro para statpress — 4/12/2008 @ 9:26 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .