Cinema para hibernar
Todo comezou vinte anos atrás, no sofá do salón, con unha de tantas películas que botaban a media noite pola dúas.
A pegada imborrábel dunha melodía máxica, tocada por un deses músicos que marcou á xeración dos fillos da reconversión. O día a día da xente sinxela que habita nun pequeno porto pesqueiro do poñente europeo. Un conto sobre a evasión da cidade e o reencontro coas cousas importantes. Tamén unha idealización do perifericamente fodido da vida no confín da terra. Cu do mundo que vive amando o mar e ollando o ceo. A chamada que se espera por sempre. Unha sorte de retorno ao fogar. Local Hero (Un tipo genial / Un nacho auténtico)
Emigración. Familia rota. Murmuracións, rexoubas, contos e lendas. Cociña eternamente prendida. A ilusión dunha meniña. Unha mañá de inverno na praia da illa. Nada novo baixo o sol. Porén… Todo un mundo propio por descubrir debaixo da auga. Piares na néboa que nos sorprenden ao acordarmos. Tarefas inacabadas e metas que nos moven alén. The Secret of Roan Inish (El secreto de la isla de las focas / O segredo da Illa Roncuda)
Orgullo. Dignidade. Fachenda. Afouteza e identidade. Sentido de ser e de estar no mundo. Precisamente aí onde estamos. Non fai falta ser un Sir Sean Connery. Abonda sermos Sir Tom Jones. Vive e deixa vivir. Non nos tocar o carallo. Todo un compendio de ideas para unha campaña electoral do nacionalismo. The Englishman Who Went Up A Hill But Came Down A Mountain (El inglés que subió una colina y bajó una montaña / O inglés que subiu unha cuíña pero baixou dunha montaña)
Mar de fóra, mar adentro. Reino largacío do silencio. Campo de batalla da mentira. Leira tamén do realismo máxico no máis vasto do Atlántico Norte. Destaque: o país desaparece deixando no seu lugar unha incríbel paisaxe. The Shipping News (Atando cabos / Novas maruxías)
Para viaxar: Cymru, Eire, Alba, Terranova
5 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos


a escolla cinematográfica é impecable, máis se se me permite facer peticións blogueiras a modo de concerto de “Los Tigres del Norte”, eu pediría para manterme no hiberno unha de poesía.gracias.
por certo me gusta moito este novo formato.
Comment por
aki — 15/11/2008 @ 7:49 pm
Seguirei paso a paso os seus consellos e xa lle irei contando. Saúdos.
Comment por
X — 18/11/2008 @ 9:37 pm
Primeira crónica do seguimento cinematográfico:
Hai uns días vin Un tipo genial, gustoume aínda que máis que por si mesma, porque me lembrou outros filmes de realidades cotiás de vilas pequenas que me produciran maiores praceres.
Comment por
X — 12/12/2008 @ 10:03 pm
Sinceramente agradecido por mergullareste. Estarei atento ás crónicas vindeiras. E non deixe de mencionar algunha desas que tamén lle gustaron (se é que non están por aquí).
Comment por
calidonia — 12/12/2008 @ 10:30 pm
Segunda crónica.
Titular: Atando cabos, un fermosísimo filme.
Subtítulo: Unha historia de como por tormentoso que sexa o noso pasado sempre existe un claro cara ao que poder dirixir os nosos pasos.
Gustoume moito, grazas pola recomendación.
Saúdos.
Comment por
X — 14/12/2008 @ 11:35 pm