Non me sabes
Non me sabes nada nadiña. Non nos deixades alternativa. Ás barricadas. Boicote. Leña.
Sabemos de sobras que o think tank popular vai lograr colocar a cuestión lingüística na primeira liña do debate nas próximas eleccións autonómicas. Coincídelles ben, nesta nova xeira en que cobran pulo social e económico nunhas cidades moi castelanizadas. No entanto, na retaguardia, a cuestión identitaria será dinamizada por Rosa Díez.
Así que preparémonos para a que vén enriba. Temos de facerlles fronte. Con siso mais con accións decididas. E tamén positivas. Non pode reducirse todo a que en Madrid poidan caricaturizar a nosa loita pola dignidade como un simple boicote. Aínda que con iso xa contamos.
Achega ideas. E espállao.
7 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos


[...] Brétemas, Mario, Leo, Pawley, Xabier P. Docampo, Calidonia. chuzame – Escrito en Sen categoría por ghanito | Ligazón permanente [...]
Aviso (Pingback) por
Apocalipse do porco » Reaccionarios — 8/09/2008 @ 11:04 pm
compañeiro calidonia
todos deberiamos valorar máis o país e o idima. Facernos respetar. Pero boicotear unha empresa que traballa e da traballo na galiza debera terse pensado máis. “Aguas” de Mondariz pode estar errada, non contar co país nin o seu idioma. Pero coma eles hai máis. Boicotearanos a todos?
Sentidiño, non sexamos como eles. Os que renegan do galego e non queren nin dar emprego a quen o fala
Comentario por
Nemigo — 9/09/2008 @ 11:09 pm
Nemigo:
Fartei. Se sucumbimos á chantaxe dos postos de traballo non sei que facemos protestando polas canteiras do courel, as piscifactorías do plano acuícola ou os depósitos de REGANOSA. É o valor cultural menos importante que o valor do medio? É a mesma cousa, non é?
Prefiro quebrar unha empresa galega que promove valores fascistoides e botarme ao monte.
Aínda resta algún con auga sen contaminar.
Comentario por
calidonia — 10/09/2008 @ 1:05 am
No Festival de Poesía do Condado o boicote contra ‘Augas de Mondariz’ estivo moi presente, sobre todo, claro, na intervencion de Igor Lugris.
Por certo, o Clube Financieiro de Vigo é igualmente galego, empresas que despediron galegofalantes por usar a sua lingua tamén eran galegas. Chegamos a un punto no que o único que importa é o factor ‘nacional’ (unha nación que para eles é a española) á hora de xulgar unha empresa ou persoa? Cada vez máis farto
Comentario por
zerovacas — 10/09/2008 @ 6:59 pm
[...] de versións previas de Carman, con video, hai post en inglés, se é que non me sabes galego. Escrito por opaco Arquivado en carros, móbil, n800 Fala sen [...]
Aviso (Pingback) por
Opaco » Blog Archive » Carman, Nokia ao volante — 11/09/2008 @ 11:11 pm
Zerovacas: estivo vostede lá? Mágoa nom ter falado umhas palavras, nom?, por isso de superar estas relaçons virtuais.
O boicote continúa!
Comentario por
igor — 15/09/2008 @ 7:57 pm
[...] de Vigo, artigo de Xabier P. Docampo en Vieiros. Os blogs de Mario Regueira e Manolo Bragado. O de calidonia e o de [...]
Aviso (Pingback) por
días estranhos » Clubs financieros e augas embotelladas — 11/01/2009 @ 12:33 am