Touriño en Touriñán
Síntoo. Non podo soportar esta campaña mediática. Levei mellor os Xogos Olímpicos que esta patética publirreportaxe que nos quer vender ao Presidente Touriño facendo unha mala imitación de Maragall ou de Montilla. Unha boa mostra de como cambiar todo para que todo siga igual.
Non me explico como todo este rebumbio acerca do adianto ou non das eleccións concitou de forma aparentemente espontánea o interese dos máis intelixentes comentaristas políticos galegos. Algúns non dubidaron mesmo en louvar a decisión do Presidente e o seu carácter.
Non sei de que me sorprendo. É ben sabido que a idea superior dunha Galiza politicamente autónoma e dunhas forzas independentes de Madrid é un dos meeting point máis recorrentes no mundillo da política galega. Será que en verdade hai máis baleiros e fendas no PSdeG das que sempre tivo? Ou é só que se achega o ano Piñeiro?
Eu, en cambio, o único que son capaz de enxergar é a figura solitaria e gris de Emilio recortada contra o ceo neboento de Cabo Touriñán, outeando o horizonte. Sostén o Presidente un álbum de cromos no bico dos dedos, e aínda que ningún veciño alcanzará nunca a ver no seu rostro algo parecido a un sorriso auténtico, é facilmente comprobable que Touriño está moderadamente satisfeito, fachendoso de se ter saído coa súa.
No entanto, ducias de piscifactorías medran no resto dos recantos máis fermosos -e únicos- do noso litoral. Se en 20 anos logramos afectar o 30% da nosa xa de por si exigua Rede Natura é fácil calcular que contra o 2050, se estamos alí para velo, non quedará nada. Non xa para deixar aos nosos fillos. Non quedará nada para nós.
Non sei onde lin esta idea, coido que foi a distintas persoas concienciadas en varios sitios da rede galega. Si, tamén eu estou pensando en pegar a cámara e facer a ruta do rodaballo, para fotografarme nesas País+axes que, se a xustiza humana non o remedia antes, xamais volveremos a contemplar.
O golpe de man de Touriño é á política galega o que Touriñán ao Plano Acuícola. Unha triste excepción que acapara todo o foco, toda a atención. Que é senón o PSdeG a respecto do PSOE?
Pero prepárense, que nesta representación aínda restan máis cromos para intercambiar.
E nós temos aínda moitos regueiros de píxeles para falar do que realmente interesa.
5 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos

Se fas a rota, conta comigo, sobretodo no outono.
Sempre gustei de intercambiar cromos.
Deica.
Comment por
Navicularia — 30/08/2008 @ 10:15 am
O peor é que o non-adianto das eleccións, déixanos un mínimo de 7 meses de tirapuxas, globos-sonda, manobras, discursos baleiros, e a explicitación do baixo nivel da nosa democracia
Comment por
zerovacas — 1/09/2008 @ 11:48 am
é máis sinxelo comentar adiantos electorais que planos acuícolas. E non verán, tampouco presta moito devanar a cabeciña, que vai -tería que ir- calor.
Comment por
elianinha — 1/09/2008 @ 4:45 pm
Penso que tampouco se aboa á miña desbotada teoría de
Comment por
sHs — 2/09/2008 @ 12:30 pm
Penso que tampouco se aboa á miña desbotada teoría (sigo) de que sería unha magnífica estretexia de marketing, caso de que tivese sido…
Comment por
sHs — 2/09/2008 @ 12:31 pm