Proxecto Identidade

Data de publicación: 15 de Abril de 2008
Category: atlantico, blogMillo, contos, lingua, rede

ProxectoIdentidade

A identidade ten fronteiras. Como a civilización está separada da barbarie. Como a túa casa ten paredes. Como na túa habitácula hai divisións. Como non. As raias son boas e necesarias. As xanelas e as portas tamén. Os límites deste proxecto teñen a forma dun libro e a relevancia dun paquete lonxincuo. Ten a fasquía de 54 anotacións nas marxes dun blogue e a gravidade de pouco máis de 1 megabyte (e ben que chega). Proxecto Identidade, o suceso imposíbel que ás veces acontece. Todo o que imaxinamos que hai máis alá da liña do horizonte e que suxerimos distraidamente, coma quen non quer a cousa. A nosa identidade é un continuum con bordos movedizos, a hipérbole dun eu travestido de nós.

Esta anotación publicouse o Martes 15 de Abril de 2008 ás 8.00 pm e arquivouse en atlantico, blogMillo, contos, lingua, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

3 comentarios a “Proxecto Identidade”

#2
Manuel Busto

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
AQUÍ

#3

Levaba semanas agardando para velo e soubeno por ti, por este post. Graciñas!!! engadir nel unhas liñas foi unha honra e ler o que todos escribiron, un agasallo.

Deixa unha resposta