Transporte metropolitano gratuíto

Data de publicación: 11 de Abril de 2008
Category: atlantico, causas, contos, ecoloxia, politica

Pois si, fartei.

Fartei de que o gasóleo custe máis que a gasolina. Fartei de bregar coas aseguradoras. Fartei da ITV. Fartei de ter que calcular na miña cabeciña cada mañá unha probabilidade segundo a distribución de Poisson para prognosticar se nos seguintes 200 m de beirarrúa ía atopar ou non un espazo para aparcar. Farto de dar voltas e voltas durante minutos e minutos.

Decidín aderirme ao servizo público de transporte. Que desesperación eh? Si, xa son usuario do Transporte Metropolitano de Galiza.

Por 2 € danche nunha entidade financeira cuxo nome non quero lembrar un cartón cor butano, e con el cada viaxe sae por 0,69€ (será casualidade?), incluído unha posibilidade de transbordo na cidade que aínda non experimentei. Chego ao traballo en media hora e podo ir lendo no Sony Reader o que me pete, ou escoitando a radio no móbil (inconmensurábel Paco Lodeiro). Que máis se pode pedir?

Ah si. O Monbús (ex Castromil) das 7:30 da mañá procedente de Noia aínda non ten instalado o lector de cartóns. O condutor di que leva así semanas. Viva a xestión empresarial! Así que a viaxe de ida sae grátis.

Esta anotación publicouse o Venres 11 de Abril de 2008 ás 7.55 am e arquivouse en atlantico, causas, contos, ecoloxia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

7 comentarios a “Transporte metropolitano gratuíto”

#1

querido sr. calidonia:

é vostede un dos herois nosos.
xa o sabe.

#2

Parabenízoo… :)

#3

En todo caso, entre as súas razóns non está nin o exercicio físico (debo pensar que acorda co goberno galego en que a ximnasia está de máis) nin o quentamento global do planeta… :)

#4

pois é curiosa a falta do lector das tarxetas. iso sona a subvención.

#5

Intenteino pero non sou capaz de facelo,no bus me pongo nerviosa cos cheiros,apretóns e demais…
En todo caso che dou enhoraboa pola tua decisión!

Bicos y perdoar o meu galego.

#6

Fas ben. Eu acredito que moi pronto teremos que coller todos o bus, o tren ou o que teñamos a man. Apretados, asfixiados e seguramente agobiados, porque os transportes públicos van seguir sendo escasos e por riba, lentos. E ao que non lle goste, en bici. Porque o gasoil polo pronto está moi caro pero logo vai estar racionado. Ao tempo. E mellor estar afeito.

#7

Eu levo uns meses nos que segundo os días tamén me adhiro ao transporte metropolitano. O mellor, vou lendo e onde eu o collo aínda quedan sempre asentos baleiros, chego ao traballo en 15 minutos.
O pior, no bus normalmente ao mediodía non podo ir comer a casa porque non me coinciden os horarios (ei de collelo media hora despois de saír de traballar e para a volta 45 minutos antes de entrar), sen embargo se uso o meu coche sóbrame o tempo.
Entón, voume turnando, uns días como na casa e outros por ahí.

Deixa unha resposta