Lingua e internet: poder, fronteira e realidade
Estatísticas de visitas á Blogaliza por procedencia.
Salienta a deaparición de Ferrol como única cidade fóra dos primeiros postos, a posición moi baixa de Vigo, o peso do microcosmos compostelán, e tamén a ausencia de Buenos Aires e demais cidades americanas hispanofalantes en favor de cidades brasileiras e portuguesas.
A lingua e internet: poder, fronteira e realidade.
Datos subministrados por Pedro Silva, administrador da Blogaliza.
3:37 pm
7 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos


A idea de facer a consulta xurdiu por un comentario de Berto Yáñez sobre a estatística das visitas xeorreferenciadas a Chuza!, nas que se aprecia un peso aínda maior de Compostela no total e, tamén, un peso por baixo da súa importancia poboacional en Vigo.
Son os de Vigo máis castelánfalantes, coma os de Ferrol? Iso di o Atlas Sociolingüístico. Ou é que son máis seus e prefiren sitios de ámbito local? Ou é que as primeiras webs en galego da rede conceden pouca atención á primeira cidade galega? Ou será que a banda larga ten menor implantación no cinto rurubano vigués? Diferente capacidade adquisitiva? For como for…
Nota: Todos os blogues da BGZ, que eu saiba, están escritos en galego.
Comment por
calidonia — 10/04/2008 @ 3:49 pm
POde ser que a cidade de Ferrol ao non ser ningun tipo de capital adminstrativa non apareza desglosada indepentemente nas estatísticas?
E o de Vigo. Pode ter explicación en que hai moi poucos blogomilleiros desa vila. E os blogues viven moito das “metavisitas”.
O que si é certo é que nambolos dous sitios o uso do galego é marxinal.
Por último, para o meu gusto, o número de entradas desde outros lugares da lusofonía segue a ser moi pequeno. E aquí é cando chegamos a lei de Berto
Comment por
W.sobchak — 10/04/2008 @ 5:40 pm
[...] Datos subministrados por Pedro Silva, administrador da Blogaliza. Gráfico de Calidonia. En Calidonia: Salienta a desaparición de Ferrol como única cidade fóra dos primeiros postos, a posición moi [...]
Aviso (Pingback) por
Procedencia das consultas aos blogs hospedados en Blogaliza | Capítulo 0 — 10/04/2008 @ 6:11 pm
por que acha en menos ferrol? acaso ferrol existe? acaso existiu algunha vez? estase vde a referir a unha viliña a carón de narón onde moitas xanelas poñen “se vende”?
Comment por
ro — 14/04/2008 @ 5:28 pm
Ro:
Comment por
calidonia — 14/04/2008 @ 5:35 pm
ferrolanos? q ferrolanos? pablo iglesias? paco rodríguez? carvalho calero? un fato de pantasmas. ferrol non existe.
Comment por
ro — 15/04/2008 @ 4:40 pm
Será como Vostede di. Nos días de neboeiro, que por esa zona sonlle muitos, eu tampouco vexo nada da outra banda.
Comment por
calidonia — 15/04/2008 @ 5:35 pm