Com efeito

Data de publicación: 9 de Abril de 2008
Category: atlantico, blogoPonTe, causas, denuncia, intres, lingua, lugares, politica, raices

Com efeito, algo nom vai bem na nossa língua quando os primeiros galegos a falar do galego diante da Assembleia da República portuguesa nom som representantes eleitos polo nosso povo.

Algo nom vai bem quando, aliás, o melhor e mais completo dicionário da nossa língua, o dirigido por Isaac Alonso Estraviz, carece da projecçom pública e do apoio institucional que merece, condenando-o a ser uma obra monumental agochada nas estantes das livrarias e dos salons de uns poucos e bons amantes do idioma.

Esta anotación publicouse o Mércores 9 de Abril de 2008 ás 7.49 am e arquivouse en atlantico, blogoPonTe, causas, denuncia, intres, lingua, lugares, politica, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

3 comentarios a “Com efeito”

#1

Hahaha, pois eu creo que di bastante da nosa lingua galega e da lingua galega deles. :) Por outra parte, e sen quitarlle o mérito da pacencia ao Estraviz, dicir que é o mellor dicionario da nosa lingua é pensar que o copipasteo e a lexicografía do XIX son efectos de calidade. E non, demonios, non o son. :)

#2

Con todos os meus respeitos para a xente que ao abeiro das Universidades e das Institucións están a traballar en Dicionarios de todo tipo…

…non hai un que se lle achegue nin lle faga sombra, nin en cantidade nin en calidade. En léxico non hai discusión posíbel. Pregunte a calquera persoa polas palabras únicas da súa zona e verá como están aí case todas. Riqueza e diversidade. O que se está a perder. Verbas xenuínas e non castelanizadas.

Canto aos métodos de elaboración, a diferenza ou a discriminación radica en que un está feito con e por amor, e outros con e para facer diñeiro.

E o primeiro non hai cartos que o pague.

#3

Ah, meu deus, viva o amateurismo… horror!!

Deixa unha resposta