Arquivo de Abril de 2008

Luci no Ribeiro con Crema de Oruxo

Data de publicación: 29 de Abril de 2008
Category: contos, intres, lugares, media, raices, revival


A mellor crema de oruxo deste País. Non é coña.

O Gran Salto (cara abaixo)

Data de publicación: 21 de Abril de 2008
Category: denuncia, economia, estatistica, politica, revival

Na gráfica móstrase o crecemento económico de 10 Estados membros da UE, entre eles o Reino de España, durante o decenio 1995-2005. Cada columna representa a acumulación dos diversos factores que inciden no crecemento, tanto en sentido positivo (pilas por riba de cero) como negativo (por baixo). O Reino de España é o que presenta […]

Como instalar OpenOffice 3.0 (beta) en galego

Data de publicación: 18 de Abril de 2008
Category: agnix, aplicacions, lingua

Levaba tempo querendo redactar unha anotación de tipo didáctico sobre OpenOffice. A publicación definitiva da beta da nova versión en galego deste paquete ofimático libre dáme a ocasión de facelo. Adiántovos que eu xa a instalei e vai perfectamente, como se fose a versión definitiva.
O artigo consta das seguintes partes:

Versión anterior e instalación
Dicionarios
Corrector gramatical
Configuración

Idioma predeterminado
Migrando […]

Proxecto Identidade

Data de publicación: 15 de Abril de 2008
Category: atlantico, blogMillo, contos, lingua, rede

A identidade ten fronteiras. Como a civilización está separada da barbarie. Como a túa casa ten paredes. Como na túa habitácula hai divisións. Como non. As raias son boas e necesarias. As xanelas e as portas tamén. Os límites deste proxecto teñen a forma dun libro e a relevancia dun paquete lonxincuo. Ten a fasquía […]

Transporte metropolitano gratuíto

Data de publicación: 11 de Abril de 2008
Category: atlantico, causas, contos, ecoloxia, politica

Pois si, fartei.
Fartei de que o gasóleo custe máis que a gasolina. Fartei de bregar coas aseguradoras. Fartei da ITV. Fartei de ter que calcular na miña cabeciña cada mañá unha probabilidade segundo a distribución de Poisson para prognosticar se nos seguintes 200 m de beirarrúa ía atopar ou non un espazo para aparcar. Farto […]


Estatísticas de visitas á Blogaliza por procedencia.
Salienta a deaparición de Ferrol como única cidade fóra dos primeiros postos, a posición moi baixa de Vigo, o peso do microcosmos compostelán, e tamén a ausencia de Buenos Aires e demais cidades americanas hispanofalantes en favor de cidades brasileiras e portuguesas.
A lingua e internet: poder, fronteira e realidade.

Datos […]

Com efeito

Data de publicación: 9 de Abril de 2008
Category: atlantico, blogoPonTe, causas, denuncia, intres, lingua, lugares, politica, raices

Com efeito, algo nom vai bem na nossa língua quando os primeiros galegos a falar do galego diante da Assembleia da República portuguesa nom som representantes eleitos polo nosso povo.


Algo nom vai bem quando, aliás, o melhor e mais completo dicionário da nossa língua, o dirigido por Isaac Alonso Estraviz, […]