(Algúns) ciganos e nacionalistas
Data de publicación: 27 de Marzo de 2008Category: denuncia, politica
Decote os encontras nos mesmos lugares.
Pola veste os coñecerás.
O seu sotaque os delata.
Falan nunha xíria estraña, semella o patois de algún idioma importante.
Posúen unha cultura propia, rica e única, coma todas.
Disgústalles que lles digan como han de vivir.
Por algunha razón tenden a relacionarse case exclusivamente entre eles.
Só coñecen un inimigo, e está sempre fóra.
Mais tamén eles forman clans.
Os compañeiros apúntanos co dedo cando andan cos da parroquia do lado.
Cando se pasan á outra banda son obxecto de mofa, cando non de insultos e ameazas.
Din combater a vulneración de dereitos, e de seguido están a inculcar algún.
Cónstame que consumen drogas, non é estraño oír falar mesmo de cocaína.
A última moda é viviren parede con parede.
Traballan xuntos pero van por libre.
Estranxeiros na propia terra.
Esta anotación publicouse o Xoves 27 de Marzo de 2008 ás 9.59 pm e arquivouse en denuncia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


5 comentarios a “(Algúns) ciganos e nacionalistas”
XD
moi fino, coma sempre
O pior son eses colantes que levan nos carros…
Ola!! Como vai todo? Canto tempo, eh? Tan só pasaba a saudar e vin que hai cambios por aquí. Gústame o novo deseño do blog, jeje Agora dime Sara que xa hai meses que o cambiaches, jaja! Dende logo, que mal estou quedando XD En fin, neste momento nós estamos en Southampton, que vin visitar a Sara e nuns días volto a París. Agardo que todo vaia ben. Unha aperta!
A do comentario era eu, María
Alégrame saber de vós. Moitos bicos
. E carpe diem.