3 anos de habitácula. Pasou o día e sen querer vai un e decátase de que leva marmuriando a viva voz desde hai máis de 150 semanas. Como as parellas rutineiras os aniversarios xa non se celebran coma antes. Como os funcionarios acomodados os traballos xa non se revesten da mesma cualidade. Quizá sexa iso. Mais o que sempre se fai é balanzo.
Onte dediqueime a repasar case dous anos de anotacións desde o comezo. Hai veces en que un pensa que o que escribe non ten cualidade ningunha. Outras en que parece incríbel ter sido un capaz de escribir tal cousa. For unha cousa ou a outra, o que permanece é a razón. E esa motivación puiden vela onte ben clariña, movéndose, avanzando e evoluíndo como un ser vivinte, pasando polas súas probas e probando ao mundo ao mesmo tempo. Chegou para me reconfortar. Se algunha vez houbo unha sensación de tempo perdido, coido que nunca máis se há volver presentar. Aínda que morra o animal.
Nesta viaxe interior atopei comentarios de persoas que foron quedando no camiño, pegadas de blogues desaparecidos ou resucitados, de videos retirados pola presión das discográficas, de polémicas interesantes e interesadas, de alcumes que tiña imperdoabelmente esquecido, de seres que apenas coñezo, de ligazóns que seguen ben vivas e por perto… A toda esa xente intelixente, sempre ben achada, por sempre nova: Obrigado!
Esta anotación publicouse o Sábado 8 de Marzo de 2008 ás 2.43 pm e arquivouse en blogMillo, contos, intres, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

5 comentarios a “Trienios”
Pois noraboa polo aniversario e a tirar para adiante.
O mundo dos blogos está vivo e así nacen e morren blogos. Uns son bós, outros malos e así ata o infinito.
Un saúdo.
Parabéns por ese trienio! E por outros máis… e mellores. Saúde!
Súmome a paideleo e elianinha… e digo máis: As anotacións de Calidonia son necesarias, convértense en referentes: adoitase achar un pensamento propio e orixinal. Graciñas por estares aí.
Parabéns polo aniversario, a verdade é que me sorprendeu, non sei por que pero cría que xa era máis maiorciño
Parabens dende o Miño!
tes razón x, todavía eche noviño, eu tamén estaba que calidonia, tiña máis tempo!
de todolos xeitos, parabes polas loitas!
parabens polas soños cumpridos!