Música libre: Magín Blanco + La Rosa

Xa tiña algo esquecida esta ’sección’, así que imos darlle un novo pulo aproveitando que Magín Blanco está a colocar no seu blogue toda a discografía en descarga libre do seu mítico grupo La Rosa.

Magín e Burgas Beat están a punto de lanzar un álbum conxunto, no que entroutras pezas de fantástico pop guitarreiro podemos achar esta marabillosa versión en galego da Anduriña de Juan y Junior.

E de sobremesa, este vídeo xunto ao incualificábel Nancho Novo.

(Algúns) ciganos e nacionalistas

Decote os encontras nos mesmos lugares.

Pola veste os coñecerás.

O seu sotaque os delata.

Falan nunha xíria estraña, semella o patois de algún idioma importante.

Posúen unha cultura propia, rica e única, coma todas.

Disgústalles que lles digan como han de vivir.

Por algunha razón tenden a relacionarse case exclusivamente entre eles.

Só coñecen un inimigo, e está sempre fóra.

Mais tamén eles forman clans.

Os compañeiros apúntanos co dedo cando andan cos da parroquia do lado.

Cando se pasan á outra banda son obxecto de mofa, cando non de insultos e ameazas.

Din combater a vulneración de dereitos, e de seguido están a inculcar algún.

Cónstame que consumen drogas, non é estraño oír falar mesmo de cocaína.

A última moda é viviren parede con parede.

Traballan xuntos pero van por libre.

Estranxeiros na propia terra.

Mediterráneo


Poboación estranxeira en España (2005), en porcentaxe do total.
Fonte: Wikipedia.


Variación do voto ao PP nas Eleccións ao Congreso (2004-2008).
Fonte: Ministerio del Interior.

Coincidencia ou non?

Reaxir?

reaxir

É doado xogar cos números para facer ver que ti nunca perdes. Como é tan fácil permítanme a min facer o exercicio complementario e demostrar que si se pode perder.

Son xa varios os medios e comentaristas que falan dun crecemento da participación en Galiza, pois comparan a afluencia de onte, que aínda non contabilizou o voto emigrante, co dato de participación de 2004, que si inclúe o CERA. É ben sabido que os baixos niveis de participación do voto da diáspora forzarán á baixa a paticipación no total do censo (CER+CERA), así que as fotografías son de fenómenos diferentes e non se poden comparar. Non se pode dicir que a participación aumentou en Galiza 5 puntos, como se di por aí.

O BNG segue perdendo potencial. Dirán que o realmente importante é o Congreso e non o Senado. Curiosa forma de ficar con só unha parte da elección cidadá, sobre todo cando os nacionalistas cuestionan a estrutura do Estado. Dirán que o importante é a capacidade de influencia e decisión en Madrid. Iso avaliarémolo dentro de 4 anos. Durante toda a campaña o BNG tentou vender o seu papel no último cuadrienio, e os froitos electorais á vista están.

Prestemos atención ao Senado. O normal é que todas as forzas teñan menos votos no Senado que no Congreso, pois non todo o mundo emite o seu voto para a Cámara Alta, nin tampouco todos empregan as tres opcións de voto dispoñíbeis. Porén, tanto en 2004 como en 2008 o BNG pasa a ter máis votos no Senado que no Congreso (contando as medias dos seus tres candidatos en cada circunscrición). Isto evidencia a presenza dun sector significativo do electorado que podemos atribuír ao BNG pero que no Congreso ou opta polo voto útil, ou está prendido do atractivo presidencialista de ZP, ou non ve que o Bloque teña un candidato autonómico presentable en vez de catro semi-descoñecidos provinciais. Tendo en conta este dato, en 2004 houbo 40.000 votos do BNG (20% máis dos que tivo) que no Congreso foron para o PSOE, e se facemos o cálculo análogo, en 2008 houbo uns 30.000 (15% máis dos que tivo). En calquera caso, o límite superior do nacionalismo galego reducíuse de 250.000 a 240.000 votos (no Senado). É certo que faltan por contabilizar os votos dos emigrantes, que poden deixar a cousa máis ou menos en que o BNG baixe un pouco de nada o voto que tivo no Senado en 2004 e que o aumente un pouco de nada no Congreso. Quen minimamente serio pode falar de reacción? Mantemento, manutención, estabilidade, parálise, encefalograma plano en toda regra.

Se a suma das forzas do bipartito manteñen o número de votos mentres o PP perde 100.000, se ambas as forzas do bipartito están comprometidas cun proxecto de progreso, por que non puideron formar unha Entesa Galega de Progreso? Agora estaríamos falando de que o PP tería 4 senadores en vez de 12, o PSOE 8 en vez de 4, e o BNG 4 en vez de ningún. Cónstame que houbo xente que tentou mover esta idea antes das eleccións. Cal das dúas forzas o impediu? O PSOE? O BNG? As dúas? Mal feito. A sociedade galega está preparada para iso. E demándao.

O BNG segue retrocedendo nas 7 cidades. Coa única excepción de Santiago de Compostela (ese/este universo paralelo dentro de Galiza) as urbes e as áreas metropolitanas son cada vez menos nacionalistas, menos Nación. É este o prezo que o BNG está disposto a pagar para seguir manténdose no total e subindo nos concellos máis rurais e envellecidos? É evidente que nestes últimos sempre será máis difícil que xurdan Galizas non se Vende, que haxa contestación social ás políticas regresivas que malia ao cambio se seguen a executar. É evidente que o control da situación política e do aparato resulta máis cómodo aí que nos sitios onde a cidadania é máis crítica e responsábel. Ou será mimetismo vasco-catalán?

Galeuscat resiste, dacordo. Manterán o afirmado en precampaña: que negociarían co gañador todos a unha?

Deixa a túa mensaxe na caixa

Comentarios (0) 12:00 am

Trienios

3 anos de habitácula. Pasou o día e sen querer vai un e decátase de que leva marmuriando a viva voz desde hai máis de 150 semanas. Como as parellas rutineiras os aniversarios xa non se celebran coma antes. Como os funcionarios acomodados os traballos xa non se revesten da mesma cualidade. Quizá sexa iso. Mais o que sempre se fai é balanzo.

Onte dediqueime a repasar case dous anos de anotacións desde o comezo. Hai veces en que un pensa que o que escribe non ten cualidade ningunha. Outras en que parece incríbel ter sido un capaz de escribir tal cousa. For unha cousa ou a outra, o que permanece é a razón. E esa motivación puiden vela onte ben clariña, movéndose, avanzando e evoluíndo como un ser vivinte, pasando polas súas probas e probando ao mundo ao mesmo tempo. Chegou para me reconfortar. Se algunha vez houbo unha sensación de tempo perdido, coido que nunca máis se há volver presentar. Aínda que morra o animal.

Nesta viaxe interior atopei comentarios de persoas que foron quedando no camiño, pegadas de blogues desaparecidos ou resucitados, de videos retirados pola presión das discográficas, de polémicas interesantes e interesadas, de alcumes que tiña imperdoabelmente esquecido, de seres que apenas coñezo, de ligazóns que seguen ben vivas e por perto… A toda esa xente intelixente, sempre ben achada, por sempre nova: Obrigado!





loito





Ideas feitas realidade

estaleiroÉ bo saber que as ideas que un tivo unha vez, que tamén outras persoas tiveron, acaban por facerse realidade, aínda que un non estea xa polo medio.

Parabéns a todos os que directa e indirectamente o van facer posíbel. Parabéns tamén a AGNIX, no que lle toca, que non é pouco.

Sull’asfalto, sul cemento

Mi piaci come mi guardi
mi piace come sei con me
mi piace quel tuo naso
che s’intona con il mondo
mi piace il tuo sedere
cosi’ rotondo
da rendere satellite
ogni essere vivente
mi piaci perche’ sei intelligente
si vede dalle tue mani
come le muovi
mi provochi pensieri
e sentimenti sempre nuovi