Debatendo sobre o debate en Twitter

Data de publicación: 25 de Febreiro de 2008
Category: blogMillo, media, politica

Imaxe, TVE1 analóxica. Son, Cadena SER FM. Comentarios, Twitter.

comezo o debate sobre o debate, aquí, no Twitter

nervos e sorrisos forzados, ZP buscou soltarse falando con MCV, a Rajoy fáltalle unha talla de chaqueta

sigo pensando que o feito de Tele5 a e Antena 3 non dar o debate é un criterio de segmentación do mercado electoral, ao PP non lle interesa

que mandadiño é o Mariano, á chapatoria sempre gañaron os de dereita

mentir: I (un palote, e contando) indefinición ideolóxica do PSOE (outro)

xenial, a ollada de esguello a Rajoy ao dicir “decente”

moooito mellor preparado ZP, onde vai

como se nota que lle gusta a economía a Rajoy, cifras e seguranza no discurso, parece que no PP apostaron por superar o bache de Pizarro

ZP perdou a ollada un intre, está a seguir a luz vermella das cámaras?

ai, ai, primeira manipulación flagrante da estatística, a escala dese gráfico de paro, o PP tiña que ser, boa idea con todo o dos gráficos

que ZP lembre a conxelación de salarios dos funcionarios dálle un punto a Rajoy, ao meu ver, ZP tamén con gráficos!

a mesma frase que Aznar en 1993, “los datos son suyos, de su gobierno”… a herdanza pesa

a medida das hipotecas de hoxe por Solbes en plena campaña é sangrante por obscena, mala resposta zetapé

o terceiro turno parece unha perda de tempo e unha repetición, interesante que Rajoy entrara no da competitividade… e daí á inmigración

ZP, erro maiúsculo! non hai recesión económica mundial, recesión significa signo negativo, iso só comezou en EUA no último trimestre

ten razón Rajoy con que ZP non debeu mencionar a Bush coa medida dos 600 $, podía evitalo

bon cerre de ZP coa mención á sesión de investidura

economía e emprego, empate, o que é malo para Rajoy

inmigración=”avalancha” segundo Rajoy, asoma o verdadeiro discurso

ZP mantense pegado ao discurso preparado, non lle responde ao tema inmigración de momento

mentir: II (dous palotes, e van tres en boca de Rajoy), volta aos inmigrantes

ollo, que o PSOE se xoga moooito voto inmigrante de noso señor

chiscadela aos votantes mozos, ZP deixa a inmigración para o último turno, supoño que lle recordará o da situación que deixaron eles

víase vir, Rajoy Ministro do Interior, sairá o Prestige?

hostia, que estratexia de despiste nova iso do “bonobús”

mentiraaas, eres una mentirosaaa… tanto amor tu me fingías…

bufff, que papelón esa defensa rosa dos inmigrantes ZP

política, social, vitoria de ZP

terrorismo, a españa profunda a escena, non podo ver isto como o verán no centro da pel de touro, pero a ver…

non se vai dicir nada novo neste bloque que non se vertera xa nos media, apostamos?

mariano nervoso, xogando co bolígrafo, ZP firme, honesto

ZP se apunta á mentira (un palote), 11M a escena

“yo me enteré por ibarretxe en la radio” que c… Rajoy

Rajoy volta ao o discurso dos bandazos de posicións e ideas do PSOE, idea recorrente (2 palotes)

jo jo, Mariano amosa un titular de El Mundo como información gráfica de apoio, jo jo, “mentir” máis unha vez, “chantaxe”

xa lle tivo que mentar a sombra de Aznar outra vez

y tú más

eso que le dijiste zeta, le dolió, le dolió (”es usted”)

ZP xa o conseguiu, Rajoy defendéndose na súa etapa de Ministro

War! What is it good for?

seguranza, para min gañou ZP, pero vaian Vdes a saber o que opina La Razón mañá

[intermedio]

pero quen di na SER que Rajoy foi infinitamente mellor???

Zaplana tiña que ser, como lle deixan falar primeiro???

[continuación]

política institucional, estatutos, nacionalismos…

tremendo “tic” de Rajoy ao mirar para o infinito arriba á esquerda cada 5 segundos

“otra idea de españa” vexamos canto se mollou o papel de Suso de Toro por boca de ZP

ZP atacando o bastión valenciano co tema do transvase do Ebro, será porque é onde se xogan escanos

a mellor defensa é un bo ataque, pero hai demasiados prexuízos na audiencia para que lle funcione [a ZP]

chaves o chavez, contra quen vai Rajoy? ese ceceo gayego

como le Rajoy, como le

eses acenos e esa expresión de ZP son falsos, non parece tan honesto como antes neste tema da España se rompe, non di cal é o seu Estado

zetapé se vai a temas sociais e fuxe da cuestión

outra vez lle bota en cara a dualidade a ZP como imaxe da indefinición do PSOE

ZP só ataca a incoherencia do PP, pero non define o modelo de Estado, u-la política institucional do PSOE?

teño o pálpito de que o gañador das eleccións vai ser CiU

Zapatero: talante, pero non tallante

para min este bloque gañouno Rajoy

o gráfico [mostrado por ZP] da “variación” do prezo da vivenda que non do “prezo” curta a primeira etapa de goberno do PP

bluff dun ministerio da vivenda sen competencias en vivenda, está crecéndose Rajoy efectivamente

iso si, pola Tele ZP gaña puntos coa súa ollada sincera e Rajoy pérdeos por… case todo!!!

o primo de Rajoy planea sobre o debate

Rajoy equivócase de papel e mostra o nº de vivendas VPO en varias comunidades falando do prezo

chapapoteeee!

chispas!!! “Zapatero ha agredido a las victimas del terrorismo”

neste último bloque a iniciativa levouna Rajoy, pero pasouse coa frasecita, e ZP non a aproveitou

no peche Rajoy di que non é el o que está en xogo, coñecedor da súa baixa valoración social

está Rajoy apelando ao voto feminino ou parécemo a min?

véselle canso a ZP, non ten a forza do comezo, le case todo, e non acredita tanto no que di como antes, acusa o debate

valoración global, empate, con tendencia decrecente para ZP e crecente para Rajoy

“buenas noches y buena suerte”, broche de ZP

quizá o cambio de tendencia ao longo do debate, con final superior a Rajoy acabe marcando os titulares menos decididos de antemán

con todo isto ao mellor teño que desdicirme e si que hai segundo debate

cambiando o audio da SER e a imaxe de TVE1 á TVG, para un maior pluralismo

aínda que me perderei a Losada, en fin…

geluco guerreiro leva a xogo a chaqueta co bigode, coméntanme por aquí [coincido coa súa percepción, Deus me perdoe!]

opina para Cuatro/SER/ElPais/PRISA: ZP gaña a Rajoy por 45,4% a 33,4%

ABC (Internet) ZP gaña pola mínima 55-45 !

o prime time para ZP pode marcar a opinión pública, aínda que todos os resortes mediáticos do PP están coordenados nunha aparencia vitoriosa

ElMundo (internet) Rajoy 58% ZP 42% non está mal (todos no rato)

La Vanguardia (internet) ZP 66% RJ 32%

la Sexta (telefónico) ZP 45% Rajoy 30%

La Voz de Galicia (internet): ZP 52% - RJ 48%

antena 3: 45,4 - 39,3 a máis axustada das telefónicas

Sondaxe para La Voz ZP 40% Rajoy 23% (telefónica, 1 día despois)

La Vanguardia (Nexus, telefónica, 1 día despois): ZP 45%, RJ 33%.

Media de todas as enquisas: J.L. Rodríguez Zapatero 48,8% - Mariano Rajoy Brey 38,5%

Esta anotación publicouse o Luns 25 de Febreiro de 2008 ás 9.01 pm e arquivouse en blogMillo, media, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Un comentario a “Debatendo sobre o debate en Twitter”

#1

Con diferenza, a mellor crónica que vin.
E, por proseguir minándolle a moral, apostaría que o resultado final das eleccións é o que indican estes gráficos: http://www.elmundo.es/elmundo/2008/02/26/eleccionesgenerales/1203982988.html

Deixa unha resposta