O meu voto vai para…
Data de publicación: 7 de Febreiro de 2008Category: bloGaliZa, blogMillo, politica, rede
Aproveitando que agora as candidaturas electorais poden incluír alcumes e que Eva Hache tamén se presenta ás eleccións, é o momento de dicirvos para quen vai o meu voto nestas eleccións. Esta é a candidatura á que darei o meu apoio:
1. Beliscos Pequenos “Besbe” (a candidata omnipresente)
2. Manuel “Brétemas” Bragado (o think tank)
3. Césare “As túas balas” (o polemista que todo partido necesita)
4. Elianinha “Eli” (a transfuguillas)
5. Xosé Manuel “Kandepalleiro” Méijome (o candidato da GZ irredenta)
6. X “Selva de Esmelle” (a ministra da lectura)
7. Berto Yáñez “Berto” (o encargado de acción social)
8. Óscar “Martin Pawley” Sánchez (o ministro do cinema)
9. Estíbaliz “mmmm” Espinosa (a confeccionadora de listas)
10. Clara Flor “A galega global” (a embaixadora internacional)
11. Manolo “Capítulo 0” Gago (o organizador de paparotas e convencións)
12. María “Casatlántica” Lado (a comisaria do fin do mundo)
13. Zero “MSP” Vacas (o que leva a área de formación)
14. Fíos “Torredebabel” Invisibles (a representante da emigración)
15. Opaco “O Paco” (o administrador do territorio)
16. César “Artritris” Pena (o nacho do merchandising)
17. Eva “Diotima” Campos (a modernizadora da administración)
18. Pedro “Goretoxo” Silva (o planificador de futuríbeis)
19. Andrés “Bazar de Nes” Maneiro (o director de cooperación e solidariedade)
20. María “Todonada” Yáñez (a responsábel de campaña)
21. Pai de Leo “E os seus” (o conselleiro de familia)
22. Suso “Percebeiro do Roncudo” Lista (o xefe da auga, do mar e da chuvia)
23. Xosé Manuel “Si home si” Pereiro (o veterano das relacións coa prensa)
Galiza escolle 23 representantes nas vindeiras eleccións lexislativas. E ti, a quen vas escoller?
Esta anotación publicouse o Xoves 7 de Febreiro de 2008 ás 11.57 am e arquivouse en bloGaliZa, blogMillo, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

25 comentarios a “O meu voto vai para…”
Podo ser “Fundador” no canto de “Veterano”?
Mimá, transfuguillas… Vou meditar a segunda parte do comentario, porque aínda o estou asimilando. Menudo shock emocional, cando llo conte ao psicólogo…
E a vostede que lle queda? Comisario de estatísticas e mais enquisas?
#1 sHs, for como for Vostede sempre será un “Caballero”.
#2 Onde hai confianza, xa se sabe. Espero que non estea traumatizada e lle saiba ver ese matiz que nos permite rir de nós mesmos e seguir funcionando.
#3 Xa sabe Vostede que os que manexamos os fíos (ou iso teiman en dicirme) nunca damos a cara.
Vale, merchandising. ¿Cando comezo?
Toda unha honra formar parte da súa listaxe, e como comprenderá estou encantadísima coa miña carteira ministerial. Grazas
vaia
que será o que hai que prometer nesta precampaña para que os 23 sexamos votados?? 400 euros para cada un, prantar 500 millóns de árbores…
é toda unha honra encabezar esta lista
Non demostren tanto entusiasmo ou terei que pensar en serio na posibilidade de montar un partido blogueiro.
Pregúntome que logotipo iría ben na papeleta? Este, estoutro ou este máis? Algún novo?
Desculpe… o meu nome de militancia política non é ese,
podería mudalo? Agradézolle moito que me incluíse nesta listaxe, abofé que si.
#1 Fundador? Coma o brandy?
Eu inclínome máis polo terceiro dos logos, o da raíz cadrada de menos un, btw
#10. Xa está. Espero que se referira a iso. Porque senón xa o vexo batallando contra Google
#9 Nefeuto (que bonito era o protogalego de Galaxia!)
#11 Non, creo que me refería xustamente ao outro. Precisamente, e aínda que houbo un erro ao principio de todo, se buscas Cesare nunca aterras no outro lado. Ata o de agora.
#14 Deusllopaguiño
Ja! Podo cambiar “o meu ministerio” por outro máis útil? xD
Bom, antes que votar ao PSOE-PP-BNG…ainda pode que reconsidere o meu abstencionismo em favor desta candidatura…
Son listas abertas?
#14 Roma non paga traidores!
#15 Un ministerio útil? mmmm…
#16 Pois.
#17 Xa tiña que saltar o das primarias!
E logo a quen non quer votar?
Si, si. Vós presentádevos, pero como non contedes co funcionariado…
que conten co meu voto!!! (visto o visto…)
e andade con ollo, non vos vaian ilegalizar
jajaja. Vou poñerme de contado a confeccionar unha lista.
Neghra.
[ninguén fai carreira política sen lista neghra]
O meu voto vai para……
*(c+p) Calidonia*
Aproveitando que agora as candidaturas electorais poden incluír alcumes e que Eva Hache tamén se presenta ás eleccións, é o momento de dicirvos para quen vai o meu voto nestas eleccións. Esta é a candidatura á que darei o meu…
Obrigado por me incluires… Mais que quede claro que non gosto das rebaixas nen do pan para hoxe e…
O das listas abertas sería recomedable (no meu caso) e que besbe a encabece, un acerto.
vin o post fai tempo pero so hoxe, coma sempre tarde, chego a comentalo. Pois que moitas grazas! eu a verdade que non lle valgo moito para representar a ninguén pero os premios non se discuten, agradéncese e listo. Moitas moitas grazas! mesmo nun xogo así hai moito agarimo e eu llo agradezo infinitamente.
Vostede xa ten un goberno feito!. Pois alá imos, moi agradecida no que me toca, pero xa sabe, que me gustan as segundas filas, asi que eu ben poderia ser “suplente”. Bicos ao lonxe.