Noite na beiramar de Santo Amaro

Data de publicación: 20 de Xaneiro de 2008
Category: atlantico, blogMillo, festa, intres, poesia

Non vou falar
Non vou falar das ondas alboreladas
do mar da Crunha
nin da cor do Támara ao paso por Montaos
ou dos reflexos prateados da fitas
de Aguasantas

Non vou falar
non

Por que habería de contar os cantos
do granito de Compostela
ou os cántigos
hipnóticos das pingas en fontes gravitatorias
ou as raias que parcelan os nosos soños
soños que nin vós nin eu viviremos

Non

Falarei cando chegue a tormenta
a água criadoira e o frío estremecedor
a calor do último toro de leña
primeira faísca do futuro

Entón falarei
e espero que esteades alí
nascentes
na fervenza dos días
e das lúas que virán

A Coruña, 19/1/08

Esta anotación publicouse o Domingo 20 de Xaneiro de 2008 ás 5.55 pm e arquivouse en atlantico, blogMillo, festa, intres, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta