Declárome estibalista
Data de publicación: 4 de Decembro de 2007Category: atlantico, blogMillo, intres, lingua, media, musica, poesia, rede
[gv data="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=5201296164561993161" class="external free" title="estibaliz espinosa" width="430" height="350"][/gv]
Foi hai moito tempo. Estaba de paso na ponte desa proa pétrea atlántica. Só un par de anos traballando en cousas de números e incertezas. Convidei a uns coñecidos ao Alfaiate a un recital de poesía. O meu recital primeiro. Novizo, non sabía quen era ela. Pero algo máis que o nome debía saber, para irme estrear precisamente alí. Fiquei prendado daquela muller. Ao acabar o recital, o rapaz tímido foi dicirlle canto lle encantara. Falar con ela. Non sei que lle dixen, nin como. Só sei que saían verbos desde o máis fondo e honesto que podía haber en min. Maxia. Ela xa foi entón o que eu hoxe penso dela. Quixo darme un Pan. Sorprendido, rexeiteino amablemente. Ao día seguinte fun compralo sen falta.
Perdinlle a pista de despegue e cos anos só atopei dela algunhas pegadas impresas. Nun acaso dei con ela un día -ou unha noite-. Agora podo dicir que en verdade caín na rede. Desde entón ela abre a miña lista de ligazóns, e non só por causa do ASCII.
Obrigado a Goretoxo pola ligazón e ao Levantador por publicalo.
Esta anotación publicouse o Martes 4 de Decembro de 2007 ás 1.24 pm e arquivouse en atlantico, blogMillo, intres, lingua, media, musica, poesia, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


3 comentarios a “Declárome estibalista”
Tamén, coma ti, me declaro estibalista. Non tiven a sorte de vela recitar pero ten algo que engancha e que atrae.
Pois está este mes en Compostela, en Implicad@s no desenvolvemento, o 16 no Principal. Outra ocasión.
Eu, como non, tamén estibalizmente me espino.
O limiar que fixo da miña primeira publicación, que podedes atopar en ARegueifa.net foi o maior honor que podía ter desexado alcanzar no mundo da poesía. O cal é unha auténtica putada, porque agora estou totalmente desmotivado! ;-D