Vaga de calor (evento ligado á extinción)

Data de publicación: 3 de Decembro de 2007
Category: atlantico, causas, denuncia, ecoloxia, economia, poesia, politica

explodir    Sinto os torbeliños eléctricos
    nas dalas habitadas
    irrigan bólas de fogo
    e promontorios precipicios
    en tanxente fuga esférica
    onde esvaer

    Desafían o gas natural saariano
    no entanto escravo
    e verdugo dos egrexios
    ruíns imbéciles e escuros
    eles si traidores
    do amencer

Esta anotación publicouse o Luns 3 de Decembro de 2007 ás 4.13 pm e arquivouse en atlantico, causas, denuncia, ecoloxia, economia, poesia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

3 comentarios a “Vaga de calor (evento ligado á extinción)”

#1

Mui bonito o poema¿pódese dicir bólas de fogo?. Perdoa pola intromisión, eu son mui dada ao emprego de falsos amigos,e esta expresión díxena máis dunha vez, case sempre hai alguen que me avisa do erro

#2

No galego coloquial con certeza entenderíase mellor “bólas de lume”, pero na lusofonía os usos e a definición de ‘fogo’ non é exactamente a mesma. Por exemplo, podes comparar esta definición con esta outra. Independentemente diso, supoño que o uso de ‘fogo’ é unha licenza poética ou estética que, coido, lle imprime maior forza ao que pretendía transmitir. Á marxe destas disquisicións, agradezo moito o teu comentario. Obrigado!

#3

vin de visita e levei unha clase. Graciñas! O poema é fermoso!

Deixa unha resposta