Songbird en galego

songbird_galego

Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.

O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB e demais), unha boa política de control da privacidade sobre os teus ficheiros multimedia (audio e vídeo), pódese integrar co Audioscrobbler da last.fm… Fai todo o que fan outros reprodutores que non son de código aberto, e ademais faino ben, bonito, e barato.

E agora, para acabar de enumerar as súas vantaxes, conta ademais cunha tradución ao galego. Remateina en pouco máis dun día a partir dunha tradución incompleta de aproximadamente o 20% que alguén principiara nunha versión anterior da aplicación. Podedes descargar esta extensión .xpi para traducir a interface do Songbird ao galego aquí.

Songbird é o complemento ideal ao trío formado polo Firefox, o Thunderbird e o Pichiño.

A que esperas para pór os catro mosqueteiros no teu PC?

Comentarios (7) 11:48 am

7 Comentarios »

  1. O reproductor multimedia Songbird en galego…

    Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.

    O Songbird aproveita así de moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre a…

    Rastro (Trackback) por chuza.org — 26/10/2007 @ 1:09 pm

  2. Na Ciberirmandade

    Comentario por KdL — 27/10/2007 @ 12:34 pm

  3. probando

    Comentario por goretoxo — 29/10/2007 @ 9:29 am

  4. Tes o corpo para memes? Tes unha encomenda aquí: http://zerovacas.blogspot.com/2007/10/8-tangos.html, con orixe no de besbe http://beliscospequenos.blogspot.com/2007/10/o-meme-das-8-cousas.html

    Comentario por zerovacas — 31/10/2007 @ 8:16 pm

  5. Ah, vou probar o songbird, a ver que tal

    Comentario por zerovacas — 31/10/2007 @ 8:16 pm

  6. [...] desestresar e desconsolar, como dirían os mestes da MPB, dei en rematar un traballo comezado hai tempo: a localización ao galego do reprodutor multimedia da Fundación Mozilla, o Songbird, que acaba de [...]

    Aviso (Pingback) por Calidonia » Songbird 1.0 en galego — 16/12/2008 @ 7:38 pm

  7. [...] desestresar e desconsolar, como diría o mestre da MPB, dei en rematar un traballo comezado hai tempo: a localización ao galego do reprodutor multimedia da Fundación Mozilla, o Songbird, que acaba de [...]

    Aviso (Pingback) por Calidonia Hibernia » Calidonia Hibernia — 11/01/2010 @ 12:50 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .