Friquiñas en Compostela

Data de publicación: 24 de Outubro de 2007
Category: contos, festa, intres, lugares

freaking_in_compostela

Ás veces vai un no carro pensando en cousas graves cando de repente ten a sorte de ser asaltado por unha visión cómica que o rescata a un e o devolve á realidade leve da vida e das cousas sinxelas.

Esta foto tireina co móbil nos primeiros días de setembro mentres gozaba dun engarrafamento na rúa Virxe da Cerca, en Santiago de Compostela, a iso das 7 da tarde.

Un trío de rapazas circulaban pola rúa aparentemente espidas (en realidade levaban bikinis e uns flotadores) e cabalgando mal que ben un globo alongado de cor amarela, tropezando unhas coas outras e escachando coa risa, en dirección á Praza de Galiza. Que (f)riquiñas.

Tratábase dunha estrea de estudantes universitarias en Santiago? Dunha aposta de rapazas de instituto? Unha cámara oculta? O Compostela Film Festival? E ti, que pensas?

Esta anotación publicouse o Mércores 24 de Outubro de 2007 ás 2.37 pm e arquivouse en contos, festa, intres, lugares. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

4 comentarios a “Friquiñas en Compostela”

#1

Eu coido que… escaparon da piscina dalgún hotel…

#2

A primeiros de setembro aínda non son estreas universitarias e de colexios maiores, e nos institutos non coñezo onde se faga tal.

Eu penso que claramente era unha performance artística feminista que significaba a liberazón da muller escravizada no agro montadas ao lombo dun simbólico falo amarelo dominado por elas. É dicir, que a unión de mulleres espidas permite dominar a pirola mental que tanto mal fai en determinados elementos do xénero oposto.

Por exemplo.

#3

eu penso que están moi boas

#4

A min paréceme que as películas para adolescentes americanos están a facer moito mal nas neuronas dos nosos.

Deixa unha resposta