Pan

Data de publicación: 12 de Outubro de 2007
Category: atlantico, blogMillo, festa, lingua, lugares, raices

Non sexas pánfila, non te fagas a pancha, deixa de asaltar o pan-de-azúcar, pon os pantalóns e date unha volta polo Teatro Principal de Compostela esta fin de semana.

O que di a crítica sobre

Pan

Elianinha: Non ma penso perder. Eu irei vela. E ti?

Antón Losada: Nin eu son unha pantasma nin esta Xunta un pandemonio.

Besbe: Son moita xente implicada que fixeron un duro traballo de fondo e a cousa promete, mesmo haberá música en directo e danza. […] moita merda para eles.

Xurxo Souto: Todo galego de corazón fachendoso de selo debe sentir ferver no peito ben dentro algunha vez esta pandeirada pangalaica.

ZeroVacas: Paga a pena. Onte emocioneime, rin, aplaudín, e despois de case dúas horas da representación quedei con gañas de máis.

Frijolito: Outro panfleto ou panexírico pantagruélico, outra ocorrencia dos titiriteiros eses que habitan as catacumbas da Cidade da Cultura, eses amiguiños do Anxiño e da Anxeliña.

Manuel Pan: Xuro que non temos nada a ver. O noso é o aloxamento e non a restauración.

Pan

A pandemia

Esta anotación publicouse o Venres 12 de Outubro de 2007 ás 3.07 pm e arquivouse en atlantico, blogMillo, festa, lingua, lugares, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

2 comentarios a “Pan”

#1

O da “crítica” recórdame a estas referencias que aparecen en cartaces e cubertas de filmes e libros: John Merrill (New York Times) 4/5 “An awesome love story”

Deixa unha resposta