volto soñar Ítaca na túa ausencia
sumo así dúas perrenchas en unha
terra que coa sua lenda me aluma
e destino inanimado que me tentaacordo nun armisticio onde enredan
os caracois dourados e as desculpas
sinceras ou non iso se me oculta
-é proverbial a miña benquerenza-emboca no cais a nave dos beizos
e os escritos do meu dedo revisito
no sotovoz do teu riso foron feitosmais quen gardará dez anos no olvido?
se non son nin Helena e críame Odiseo
quebrar hei de vez este elo fatídico
Esta anotación publicouse o Xoves 11 de Outubro de 2007 ás 8.50 am e arquivouse en poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.



Un comentario a “Odisea ou Capriccio?”
Temos un outono poético.