Non te esperaba
Non polo menos este outono
Si
tiña esperanzas
mais non
non en quen pousalasAgora
recebo trazos
(liñas
que son sentimentos)
e porén
non acerto a descifralosPor túa pluma
este outono
outra volta
hai lúas coas que a miña alma voa
leve como a culpa
do poetaMais hai tamén dunas
que avanzan na penumbra
soterrando a maxia
e descubrindo as cavernas
da traxediaCerto
non hai moitas diferenzas
entre as bóvedas nocturnas de Santiago
e CompostelaPermanece a dúbida do outro na propia certeza
Se
tiveses escrito
palabras mais certeirasNon soños vencidos
non desexos a médias
senón verbos activos
movementos recíprocos
nos que me queirasPodería ter sido
un pretendente corso
a traspasar a liña
en Madrid ou Porto
Trileucum e Brigantia
London Ventimiglia
(que son 20.000
millas para un navío
curtido á fin
nestas travesías?)Poderías sentir
a ledicia perto
descubrir
que nas Indias hai vagalumes como na Galiza
debuxándonos un carreiro
(obrigado, Iglesias)Mais
a sensación íntima
non é agora esaCreo estar
mais mal que ben
na pel dunha familia inmigrante
embarcando ás presas
entre a esperanza e a ameaza
que non sabe se queda atrás ou diante espera
e no seu agocho
desesperaSabes?
Con só unha palabra túa
podería ter sido todo
ou nada
nós
o noso anverso
e este
meu verso
a túa casa
Esta anotación publicouse o Martes 9 de Outubro de 2007 ás 11.50 pm e arquivouse en poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


