Hibernia

Data de publicación: 8 de Outubro de 2007
Category: atlantico, lingua, lugares, poesia

Carqueixa e chorima
no mirar dunha velliña
gravados ten na xanela
do rostro as raiolas
da neve e das colleitas.

Contos feitos de leña
latexan na lareira
a carón do almanaque
da xente, das maletas
e do nome da navieira.

Serra do Courel, 1995

Esta anotación publicouse o Luns 8 de Outubro de 2007 ás 7.14 pm e arquivouse en atlantico, lingua, lugares, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta