Arquivo de Outubro de 2007

Songbird en galego

Data de publicación: 26 de Outubro de 2007
Category: aplicacions, lingua, media, musica, ondas, rede

Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla.
O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB […]

Friquiñas en Compostela

Data de publicación: 24 de Outubro de 2007
Category: contos, festa, intres, lugares

Ás veces vai un no carro pensando en cousas graves cando de repente ten a sorte de ser asaltado por unha visión cómica que o rescata a un e o devolve á realidade leve da vida e das cousas sinxelas.
Esta foto tireina co móbil nos primeiros días de setembro mentres gozaba dun engarrafamento na rúa […]

Loiros e loiras

Data de publicación: 21 de Outubro de 2007
Category: atlantico, lugares, portos, raices

Vía Opaco.

Shipbuilding

Data de publicación: 20 de Outubro de 2007
Category: atlantico, contos, musica, poesia

Is it worth it
A new winter coat and shoes for the wife
And a bicycle on the boys birthday
Its just a rumour that was spread around town
By the women and children
Soon well be shipbuilding
Well I ask you
The boy said dad theyre going to take me to task
But Ill be back by christmas
Its just a rumour that […]

Un erro non amaña outro erro

Data de publicación: 17 de Outubro de 2007
Category: blogMillo, denuncia, rede

Probablemente me estea perdendo o meme e a campaña do ano, e seguramente perda bastantes puntos entre boa parte do blogomillo, ou estea renunciando a unha cantas visitas no meu contador. Mais, para que demos quer un un blog se non é para dicir o que honestamente pensa e acha?
Carta aberta aos Aduaneiros sem Fronteiras […]

Pan

Data de publicación: 12 de Outubro de 2007
Category: atlantico, blogMillo, festa, lingua, lugares, raices

Non sexas pánfila, non te fagas a pancha, deixa de asaltar o pan-de-azúcar, pon os pantalóns e date unha volta polo Teatro Principal de Compostela esta fin de semana.
O que di a crítica sobre
Pan
Elianinha: Non ma penso perder. Eu irei vela. E ti?
Antón Losada: Nin eu son unha pantasma nin esta Xunta un pandemonio.
Besbe: Son […]

Odisea ou Capriccio?

Data de publicación: 11 de Outubro de 2007
Category: poesia

volto soñar Ítaca na túa ausencia
sumo así dúas perrenchas en unha
terra que coa sua lenda me aluma
e destino inanimado que me tenta
acordo nun armisticio onde enredan
os caracois dourados e as desculpas
sinceras ou non iso se me oculta
-é proverbial a miña benquerenza-
emboca no cais a nave dos beizos
e os escritos do meu dedo revisito
no sotovoz do […]

O doente inglês

Data de publicación: 9 de Outubro de 2007
Category: poesia

Non te esperaba
Non polo menos este outono
Si
tiña esperanzas
mais non
non en quen pousalas
Agora
recebo trazos
(liñas
que son sentimentos)
e porén
non acerto a descifralos
Por túa pluma
este outono
outra volta
hai lúas coas que a miña alma voa
leve como a culpa
do poeta
Mais hai tamén dunas
que avanzan na penumbra
soterrando a maxia
e descubrindo as cavernas
da traxedia
Certo
non hai moitas diferenzas
entre as bóvedas nocturnas de Santiago
e Compostela
Permanece […]

Shame on you!, Mr. Tourinho

Data de publicación: 9 de Outubro de 2007
Category: atlantico, denuncia, lugares, politica, raices

A nova.
Os emigrantes galegos van seguir sen votar en urna nas próximas eleccións xerais, despois dunha década de denuncias.
Se cadra poderán votar netos de galegos que nunca pisarán a Terra, mais non mozos galegos emigrados en Madrid ou Barcelona.
O PSOE, e antes que el o PP, saben que o voto das persoas sen vínculos coa […]

Hibernia

Data de publicación: 8 de Outubro de 2007
Category: atlantico, lingua, lugares, poesia

Carqueixa e chorima
no mirar dunha velliña
gravados ten na xanela
do rostro as raiolas
da neve e das colleitas.
Contos feitos de leña
latexan na lareira
a carón do almanaque
da xente, das maletas
e do nome da navieira.
Serra do Courel, 1995