E se vos dixese que toda escrita…

Data de publicación: 27 de Setembro de 2007
Category: atlantico, blogMillo, denuncia, intres, media, poesia, politica

E se vos dixese que toda escritura é unha plasmación do silencio
que o que teño entre mans
é a alta empresa da indocilidade

resístome a crer que todo isto signifique algo
resístome a crer que toda esta terra
precise de tanto cualificativo

pero meu sangue xa mancado pola letra
os nomes que meu avó lle deu ás cousas

este torrente de serei que nos afunde na casa
e fainos libres

libres para roer os ósos máis selectos
sen dicir nin palabra, como convén

desculpa que te trouxese enganado ata aquí
porque non penso dicir máis nada

Estíbaliz Espinosa

Esta anotación publicouse o Xoves 27 de Setembro de 2007 ás 9.18 am e arquivouse en atlantico, blogMillo, denuncia, intres, media, poesia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta