A patria do insulto galego (nat-tag 1.0)

Data de publicación: 24 de Setembro de 2007
Category: denuncia, politica

Un prezado colega e bo coñecedor das venturas e desventuras do nacionalismo galego un día deu en ir anotando nun caderno aqueles palabróns que el ou xente próxima a el, no persoal ou no político, foron recibindo e escoitando ao longo da súa vida. Co seu permiso velaí van:

Residual, ex-peceé, infantilista, esquerdista, reaccionario, pequenoburgués, socialdemócrata, pseudonacionalista, autonomista, colaboracionista, entreguista, perigoso, capitulacionista, revisionista, liquidacionista, desviacionista, camilista, fraccionalista, podre, rexionalista, demócrata, reformista, moderado, españolista…

Non será cousa de facer un wiki, pero si de deixar en algures proba e testemuño de como hai quen constrúe o seu proxecto político a base de deslexitimar e mesmo difamar aos demais en vez de debater e negociar, achegar ideas, propoñer solucións ou manter unha praxe coherente.

Esta anotación publicouse o Luns 24 de Setembro de 2007 ás 3.49 pm e arquivouse en denuncia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

7 comentarios a “A patria do insulto galego (nat-tag 1.0)”

#1

A min os de “socialdemócrata” e “camilista” xa me soan :)

#2

Umm… eu deses sei uns cantos pero non me atrevo a dicilos. Es un valente!

Por certo: fáltache un fundamental, “quevaeseédosoe”

#3

Así van as cousas. Vémonos o domingo

#4

Si, vaia, eu tamén coñezo a variante (que neste caso non ía dirixida a min) de “ese-é-dos-que-acaba-no-soe”.

#5

Europeísta, cultureta, galeguiño…

#6

Compre ir anotando os calificativos que aturamos aqueles que esiximos que se cumpla a Lei na ría de Ferrol:
Comunista, catalán, peseteiro (!), vago…

#7

Esta moi ben, e no camiño de recuperar a memoria ;-), e por ampliar, un “galegista” tampouco chegaba a ser como un auténtico nacionalista patriota, pero eran utilizables, un “sociata” era un “nemigo da patria” máis: un “españoleiro” como os “peixes” eran tamén, os “camilistas” foron no seu intre “traidores á patria”, un “persoeiro” era unha persoa “pequenoburguesa” pero popular, útil para a fronte, a ANPG, pero que non daba a talla para estar na Ú, porque os popes do cumio da Ú eran a salvagarda da nosa Reserva Noroccidental ;-)

Deixa unha resposta