Polbo solidario

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

pobo_solidario

Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algunha xente da internet galega, este sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na mesma parroquia onde se ergue o enxendro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue e nel podedes comprobar que levan case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade de cidadáns, intelectuais e artistas como: Mabel Rivera, Joao Afonso, Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriqueira, Eva Veiga, Antón Reixa, Os Cempés… así como de diversas asociacións e colectivos de natureza diversa.

A idea é que estaría moi ben que a rede galega e a cidadanía activa non ficara á marxe deste movemento. Por iso propóñoche que mostres o teu apoio aos veciños, de varios xeitos:

- Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel.

- Publicando esta convocatoria ou o texto do manifesto no teu blogue ou páxina web. Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podes aproveitar se queres este deseño feito por Artritris.

- Xantando un polbo solidario na parroquia de Meá, confirmando a túa asistencia deixando un comentario nesta mesma anotación. Nos comentarios iremos informando do que se vaia pechando e concertando a respecto desta cita (detalles do xantar, desprazamentos compartidos e demais detalles). A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no menú é o polbo, e imos tentar que o prezo sexa todo o proporcionado que poidamos e limitado ao que custe.

A cita é en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa do Concello. Este é o lugar onde combinarmos.

Todas as vicisitudes que rodean este tinglado seguramente xa as terás lido en varios lugares da rede, grazas ao ciberactivismo que veñen despregando os membros da Plataforma e do Comité Cidadán de Emerxencia e boa parte da cidadanía. Non as vou repetir aquí e tan só che indicarei un bo e variado resumo en orde cronolóxica. Moita xente viuse a obrigada a publicar e publicitar na rede diante do clamoroso silencio e das rexeitábeis contrainformacións despregadas polos medios de comunicación tradicionais, incluídos os públicos.

Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a pena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida.

Unha aperta

Calidonia

Esta anotación publicouse o Mércores 19 de Setembro de 2007 ás 1.03 pm e arquivouse en atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

7 comentarios a “Polbo solidario”

#1

O xantar será probabelmente no Mascarón, un mesón-restaurante situado na mesma parroquia de Meá.

Desde Compostela sae un primeiro automóbil con algunha praza baleira para facer a viaxe de ida e volta Santiago-Mugardos ás 12h da mañá nun lugar que confirmaremos aquí mesmo.

Para @s ventureir@s e aventureir@s, a previsión de tempo para o sábado en Mugardos indica tempo con nubes e claros e sen choiva.

#2

apuntado quedo

#4

[…] Segue lendo ‘Polbo solidario’ […]

#5

Eu tamén participarei dese polbo solidario (á mugardesa, claro).

#6

Eu andiven liado de máis, aver se podo ir á seguinte cita. Moitas grazas por vires até a Couceiro (non chas din alí porque só te vira unha vez e confundinte con outra persoa, catalana para máis señas, senón aínda viñas á festa de despois).

#7

[…] Dixo Calidonia: […]

Deixa unha resposta